Illas Baleares

A lingua catalá podería ser un requisito para optar ás bolsas de traballo do Servizo Público de Saúde balear

A última actualización do decreto que regula a capacitación lingüística do persoal do Servizo de Saúde balear dispón que o coñecemento da lingua catalá será un requisito indispensable para solicitar unha bolsa de traballo, que deberá ser de nivel B1 para a categoría de médico e de A2 para o persoal técnico.

Fonte: El Mundo

Illas Baleares

Propoñen cambiar a denominación de lingua catalá pola de lingua baleárica no Estatuto de Autonomía das Illas Baleares

Unha nova iniciativa, presentada a través da plataforma change.org, propón modificar a denominación da súa lingua propia no Estatuto de Autonomía, adoptando a de lingua baleárica en lugar de lingua catalá.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

O coñecemento de catalán será un dos requisitos para acceder a unha praza de investigación nas illas Baleares

O Boletín Oficial das Illas Baleares publicou unha convocatoria para a contratación temporal dun investigador técnico, que esixe como requisito a acreditación dun nivel intermedio (B2) da lingua catalá.

Fonte: ABC

Illas Baleares

Anuncian a posta en marcha en Mallorca dunha liña de axudas para rotular en catalán

O Goberno da illa de Mallorca puxo en marcha obradoiros de rap en catalán para impulsar o uso desta lingua entre a xente nova. Así mesmo, anunciou a convocatoria de axudas para a rotulación en catalán.

Fonte: SER

Illas Baleares

O Pleno do Concello de Marratxí aproba unha moción para subvencionar o uso do catalán no comercio local

No municipio mallorquino presentáronse dúas mocións por Independents-EL Pi y Més, que posteriormente se refundiron nunha soa, para propoñer subvencións para o fomento do uso do catalán nos rótulos do comercio da zona.

Fonte: Diario de Marratxí

Illas Baleares

O Goberno balear destinará subvencións aos clubs deportivos para o fomento do catalán

A conselleira Fanny Tur escribiu unha carta explicando as axudas para fomentar a utilización do catalán nas federacións e clubs deportivos.

Fonte: El Mundo

Illas Baleares

Baleares contará cunha Oficina de Defensa dos Dereitos Lingüísticos

A Consellería de Cultura, Participación e Deportes fixo unha consulta previa entre a cidadanía para recadar a súa opinión sobre o proxecto para crear a Oficina de Defensa dos Dereitos Lingüísticos, cuxo obxectivo será protexer a poboación en situacións de vulnerabilidade lingüística.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder