Illas Baleares
Unhas 5500 persoas inscríbense na convocatoria do Goberno balear para a obtención do certificado de catalán
Estas probas servirán para obter os certificados oficiais de coñecementos de catalán dos niveis A2, B1, B2, C1, C2 e linguaxe administrativa.
Fonte: La Vanguardia
Xa se coñece a empresa gañadora do premio á mellor campaña publicitaria en catalán convocado polo Goberno balear
O premio da convocatoria de 2016 foi para o Instituto Oftalmolóxico de Mallorca pola súa campaña 'No a les ulleres. Sigui revolucionari'.
Fonte: La Vanguardia
Un informe sinala o descenso da utilización do catalán entre a poboación balear
Segundo un informe, entre os anos 20014 e 2014 baixaron as porcentaxes de uso do catalán como lingua inicial, como lingua habitual e como lingua de identificación.
Fonte: Menorca
O Goberno balear subvenciona 34 actuacións para impulsar o uso do catalán
O Goberno do arquipélago concederá axudas destinadas á posta en marcha de 34 actuacións dirixidas a fomentar o uso da lingua catalá na sociedade.
Fonte: La Vanguardia
O Goberno balear organiza cursos para nais e pais non catalanfalantes do alumnado dos centros do arquipélago
O obxectivo destes cursos, organizados pola Dirección Xeral de Política Lingüística, é axudar aos pais e nais a adquirir coñecementos básicos de catalán para que poidan comprender as comunicacións do seu centro educativo.
Fonte: Última Hora
O Concello de Palma de Mallorca dedica 14 000 euros ao fomento da lingua catalá nos centros escolares
Un proxecto piloto, que se levará a cabo en cinco centros de Palma entre os meses de febreiro e maio, busca fomentar a normalización lingüística e cultural do catalán nas escolas.
Fonte: 20minutos
O Goberno balear aproba o decreto que regula os requisitos lingüísticos para acceder á Administración pública
O decreto aprobado polo Goberno do arquipélago regula os requisitos de coñecemento do catalán esixibles para acceder a un posto de persoal funcionario da Administración.
Fonte: El Periódico
A Consellería de Cultura das Illas Baleares aumenta a oferta de obradoiros e cursos de catalán para o verán
A Consellería de Cultura, Participación e Deportes aumentou a oferta de obradoiros e cursos de lingua catalá para este verán, de xeito que o número de alumnos e alumnas medrou de 234 a 543 no mes de xullo. Estes cursos buscan mellorar as competencias en catalán que ofrece a Consellería, a través do Instituto de Estudos Baleáricos.
Fonte: 20minutos
O Goberno das Illas Baleares realiza unha consulta pública previa sobre o decreto de usos lingüísticos
O Goberno de Illas Baleares está a realizar o trámite de consulta pública previa sobre a proposta para desenvolver un decreto que regule os usos lingüísticos das linguas oficiais da Comunidade Autónoma. Con este decreto, o Goberno balear pretende continuar co seu labor de normalización da lingua catalá e coa defensa dos dereitos lingüísticos da cidadanía.
Fonte: ABC
O 90% dos centros educativos das Illas Baleares recuperou a comisión que fomenta o uso da lingua catalá
A recuperación do Decreto de Mínimos polo Goberno das Illas Baleares permitiu que o 90% dos centros educativos restablecese a comisión de normalización lingüística para fomentar o uso do catalán nas aulas.
Fonte: El Mundo
Boletín
Subscríbase ao boletín