Illas Baleares
A Dirección Xeral de Política Lingüística de Baleares anuncia a recuperación do programa de voluntariado lingüístico
A posta en marcha deste programa de voluntariado lingüístico realizarase xunto coa asociación cultural Paraula.
Fonte: 20minutos
Dous terzos da poboación balear sabe falar catalán e o 94 % enténdeo
Segundo un informe realizado pola Universidade das Illas Baleares, dous terzos da poboación do arquipélago afirma saber falar en catalán e o 94 % asegura entendelo.
Fonte: Cadena SER
Rexistran en Baleares unha proposición de lei para que o catalán volva ser un requisito no acceso á función pública
Varios partidos políticos rexistraron no arquipélago balear unha proposición de lei para que a lingua catalá sexa un requisito no acceso á función pública.
Fonte: La Vanguardia
As canles de televisión catalás volverán emitir a súa programación nas illas Baleares
A oferta televisiva en catalán aumenta no arquipélago balear coa volta das emisións das canles da Corporación Catalá de Medios Audiovisuais Super 3, Canal 33 e 03/24.
Fonte: Última Hora
O Parlamento balear debaterá en xaneiro a normalización lingüística e a recuperación do catalán
En xaneiro, trataranse as modificacións da Lei de normalización lingüística e a Lei de función pública para o fomento do uso do catalán.
Fonte: 20Minutos
O coñecemento do catalán será un requisito para traballar como funcionario en Baleares
Unha proposición de lei presentada no Parlamento balear recolle que o catalán sexa un requisito para ser empregado público na Administración autonómica, insular e local.
Fonte: El Economista
Os centros educativos baleares decidirán sobre a impartición de materias non lingüísticas en linguas estranxeiras
Os centros educativos de Baleares poderán decidir en que idioma se imparten as materias non lingüísticas a condición de que cumpran o decreto de mínimos que garante o ensino do catalán e o castelán.
Fonte: Diario de Mallorca
O Parlamento balear celebra un pleno para que o catalán sexa considerado un requisito para traballar na Administración
O Goberno balear solicita a modificación urxente da lei para que o catalán sexa un requisito nos procesos de selección de persoal para traballar na Administración pública.
Fonte: Diario de Ibiza
Ultímase un convenio para que a Universidade das Illas Baleares asesore lingüisticamente a radiotelevisión autonómica IB3
O convenio entre a radiotelevisión autonómica, IB3, e a Universidade das Illas Baleares (UIB) busca «a colaboración en materia lingüística e de difusión científica e cultural» sobre o uso da lingua propia.
Fonte: Última hora
A rede de asesores lingüísticos de Menorca reúnese tras tres anos de paro para retomar o seu labor en política lingüística
A primeira sesión desta lexislatura serviu para recuperar o grupo de traballo e coordinación das políticas lingüísticas nas administracións da illa.
Fonte: ABC
Boletín
Subscríbase ao boletín