Illas Baleares

Un total de 52 centros de Baleares refai os seus proxectos lingüísticos fóra do Decreto sobre o Tratamento Integrado de Linguas

Cando aínda non pasaron quince días desde a anulación do Decreto sobre o Tratamento Integrado de Linguas e da suspensión da súa Orde de desenvolvemento por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Baleares, xa son 52 os centros das illas Baleares que refixeron os seus proxectos lingüísticos co fin de adecualos ao Decreto de Mínimos.

Fonte: Mallorca Confidencial

Illas Baleares

O Goberno eivisenco subvenciona o uso do catalán nas empresas

O Goberno de Eivisa, a través do seu Departamento de Educación, Cultura e Patrimonio, abriu unha liña de subvencións para o fomento do uso da lingua catalá nos ámbitos do comercio, a restauración, a industria e os servizos de actuacións levadas a cabo durante o ano 2014. Cóntase cunha partida total de 9000 euros para este fin.

Fonte: Diario de Ibiza

Illas Baleares

A Asociación Vuit d’Agost denuncia o retroceso do catalán no ámbito do comercio en Baleares

O catalán sufriu un importante retroceso no ámbito do comercio, segundo denunciou a Asociación Vuit d’Agost, responsable da organización do Correllengua, unha iniciativa que cumpriu dez anos. «A Lei do comercio que elaborou o Goberno esquece a necesidade de garantir a atención en lingua catalá aos comercios das nosas illas, que queda completamente desatendida», denuncia o manifesto.

Fonte: Diario de Ibiza

Illas Baleares

Esíxenlle ao Goberno balear que “garanta” a recepción de canles en lingua catalá

O deputado do grupo MÉS, Nel Martí, instou o Goberno balear a que garanta a recepción das canles de televisión en lingua catalá nas illas Baleares, cuxa emisión está en perigo ante a inminente repartición de frecuencias realizada polo Goberno.

Fonte: 20 minutos

Illas Baleares

Propoñen recuperar a inmersión en catalán nos centros de ensino das illas Baleares

O borrador do Pacto pola Educación suxire recuperar a inmersión en catalán en centros educativos das illas Baleares.

Fonte: El Mundo

Illas Baleares

Fomentan as publicacións en catalán e castelán en Menorca

O Goberno de Menorca destinará 7000 euros para a promoción de publicacións en castelán e catalán.

Fonte: El Mundo

Illas Baleares

Nas illas Baleares publícanse máis libros en catalán que en castelán

As illas Baleares son a única comunidade española na que se publican máis libros en catalán que en castelán.

Fonte: 20 minutos

Illas Baleares

Unha concentración en Palma de Mallorca reivindica a recepción das canles televisivas en lingua catalá

Centos de persoas congregáronse en Palma de Mallorca para reivindicar a recepción das canles televisivas 3/24 e C33, que emiten en lingua catalá, e que actualmente están en perigo de desaparecer do sinal de TDT nas illas Baleares.

Fonte: El Mundo

Illas Baleares

As clases de catalán para adultos son cada vez máis populares en Eivisa

Debido á popularidade coa que contan as clases de catalán para adultos na illa, o Goberno balear e o concello de Eivisa puxeron en funcionamento cursos de baixo custo para facilitarlles o acceso á lingua ás persoas interesadas en aprendela.

Fonte: Periódico de Ibiza

Illas Baleares

O catalán continúa sendo a lingua de preferencia dos país para escolarizar os seus fillos en Baleares

Case o 80 % das familias baleares escolleu o catalán como primeira lingua de escolarización para os seus fillos, continuando a tendencia dos últimos anos.

Fonte: Última hora

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder