Illas Baleares

Celébrase o 30 aniversario da aprobación da Lei de normalización lingüística do arquipélago balear

Co gallo da celebración dos 30 anos da Lei de normalización lingüística, aprobada en abril de 1986, o Goberno balear puxo en marcha unha serie de actividades para conmemorar esta data.

Fonte: Menorca.info

Illas Baleares

Reclaman en Baleares medidas de discriminación positiva para impulsar a presenza e o uso do catalán en todos os ámbitos

O sindicato STEI solicitoulle ao Goberno balear medidas de discriminación positiva para fomentar a presenza e o uso do catalán nos centros educativos, na rúa, na Administración e nos medios de comunicación.

Fonte: Periódico de Ibiza

Illas Baleares

Unha comisión de expertos levará a cabo un estudo sobre o modelo lingüístico escolar nas illas Baleares

A Consellería de Educación e Universidade presentou a composición dunha comisión de expertos que vai realizar un estudo sobre o modelo lingüístico escolar do arquipélago.

Fonte: 20minutos

Illas Baleares

O Goberno balear introducirá cláusulas lingüísticas nos contratos das empresas que traballen para a Administración

O Goberno do arquipélago busca con estas cláusulas o compromiso lingüístico das empresas como un elemento máis de responsabilidade social corporativa.

Fonte: Periódico de Ibiza

Illas Baleares

O Goberno balear recupera as axudas públicas á prensa diaria escrita en catalán

Presentouse a convocatoria de axudas públicas para prensa diaria escrita en lingua catalá, en soporte papel ou dixital.

Fonte: Menorca.info

Illas Baleares

Preséntase en Formentera a campaña "Historias do Catalán"

Esta campaña, que xa tivo unha primeira edición en 2011, ten como obxectivo visualizar a experiencia de persoas que chegan a vivir á illa e que deciden aprender catalán.

Fonte: Diario de Ibiza

Illas Baleares

Palma de Mallorca acolle un acto en defensa do catalán

A Obra Cultural Balear organizou un acto de apoio á lingua catalá no que reclamou a posta en marcha de medidas que aumenten a súa presenza no día a día.

Fonte: Cadena Ser

Illas Baleares

Un 78,7 % dos exames de acceso á universidade en Baleares respondéronse en catalán

Esta porcentaxe supón un descenso de 2,4 puntos fronte ao ano anterior. Segundo os datos da Universidade das Illas Baleares, o 10,5 % do alumnado non respondeu ningún exame en catalán, o 33,3 % respondeu todos en catalán e o 56,2 % fixo algúns en catalán e outros en castelán.

Fonte: Europa Press

Illas Baleares

O Goberno balear organizou sete talleres de lingua catalá para estranxeiros durante o mes de xullo

Estes talleres para a aprendizaxe do catalán para estranxeiros acolleron máis de 100 alumnos durante o mes de xullo, con idades comprendidas entre 12 e 16 anos.

Fonte: La Información

Illas Baleares

O Consello de Menorca convoca axudas para fomentar o emprego do catalán

O obxectivo destas axudas é situar o catalán como lingua habitual de traballo e de atención ao público nas actividades sociais, económicas e deportivas. O montante total das axudas será de 10 000 euros.

Fonte: Menorca.info

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder