Illas Baleares

O Goberno balear apoiará que o decreto de linguas sexa compatible co status do catalán como lingua vehicular no ensino

A Dirección Xeral de Política Lingüística do arquipélago balear defenderá que o decreto de linguas estranxeiras para o ensino sexa compatible co uso do catalán como lingua vehicular.

Fonte: Mallorca Diario

Illas Baleares

A definición do novo modelo lingüístico escolar das illas Baleares contará coa colaboración dunha comisión de expertos

O novo marco lingüístico establece que o 50 % da ensinanza será impartida en lingua catalá.

Fonte: Periódico de Ibiza y Formentera

Illas Baleares

O Plan de Formación Lingüística e Cultural (FOLC) de Baleares supera as 1000 inscricións

No FOLC trabállanse os contidos para obter os certificados de capacitación en lingua catalá, titulación necesaria para exercer a docencia en Baleares.

Fonte: UH Noticias

Illas Baleares

O catalán volverá ser requisito para poder ser funcionario no arquipélago balear

Unha modificación na Lei de función pública permitirá que o catalán volva ser un requisito para acceder a un posto de funcionario nas illas Baleares.

Fonte: ABC

Illas Baleares

Un total de 36 concellos integra a Rede de Dinamización Lingüística de Mallorca

O proxecto, posto en marcha polo Servizo de Normalización Lingüística do Departamento de Cultura de Mallorca, busca dinamizar o uso da lingua catalá entre os concellos.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

Celébrase o 30 aniversario da aprobación da Lei de normalización lingüística do arquipélago balear

Co gallo da celebración dos 30 anos da Lei de normalización lingüística, aprobada en abril de 1986, o Goberno balear puxo en marcha unha serie de actividades para conmemorar esta data.

Fonte: Menorca.info

Illas Baleares

Reclaman en Baleares medidas de discriminación positiva para impulsar a presenza e o uso do catalán en todos os ámbitos

O sindicato STEI solicitoulle ao Goberno balear medidas de discriminación positiva para fomentar a presenza e o uso do catalán nos centros educativos, na rúa, na Administración e nos medios de comunicación.

Fonte: Periódico de Ibiza

Illas Baleares

Unha comisión de expertos levará a cabo un estudo sobre o modelo lingüístico escolar nas illas Baleares

A Consellería de Educación e Universidade presentou a composición dunha comisión de expertos que vai realizar un estudo sobre o modelo lingüístico escolar do arquipélago.

Fonte: 20minutos

Illas Baleares

O Goberno balear introducirá cláusulas lingüísticas nos contratos das empresas que traballen para a Administración

O Goberno do arquipélago busca con estas cláusulas o compromiso lingüístico das empresas como un elemento máis de responsabilidade social corporativa.

Fonte: Periódico de Ibiza

Illas Baleares

O Goberno balear recupera as axudas públicas á prensa diaria escrita en catalán

Presentouse a convocatoria de axudas públicas para prensa diaria escrita en lingua catalá, en soporte papel ou dixital.

Fonte: Menorca.info

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder