Illas Baleares

O Goberno eivisenco subvenciona o uso do catalán nas empresas

O Goberno de Eivisa, a través do seu Departamento de Educación, Cultura e Patrimonio, abriu unha liña de subvencións para o fomento do uso da lingua catalá nos ámbitos do comercio, a restauración, a industria e os servizos de actuacións levadas a cabo durante o ano 2014. Cóntase cunha partida total de 9000 euros para este fin.

Fonte: Diario de Ibiza

Illas Baleares

A Asociación Vuit d’Agost denuncia o retroceso do catalán no ámbito do comercio en Baleares

O catalán sufriu un importante retroceso no ámbito do comercio, segundo denunciou a Asociación Vuit d’Agost, responsable da organización do Correllengua, unha iniciativa que cumpriu dez anos. «A Lei do comercio que elaborou o Goberno esquece a necesidade de garantir a atención en lingua catalá aos comercios das nosas illas, que queda completamente desatendida», denuncia o manifesto.

Fonte: Diario de Ibiza

Illas Baleares

Esíxenlle ao Goberno balear que “garanta” a recepción de canles en lingua catalá

O deputado do grupo MÉS, Nel Martí, instou o Goberno balear a que garanta a recepción das canles de televisión en lingua catalá nas illas Baleares, cuxa emisión está en perigo ante a inminente repartición de frecuencias realizada polo Goberno.

Fonte: 20 minutos

Illas Baleares

Propoñen recuperar a inmersión en catalán nos centros de ensino das illas Baleares

O borrador do Pacto pola Educación suxire recuperar a inmersión en catalán en centros educativos das illas Baleares.

Fonte: El Mundo

Illas Baleares

Fomentan as publicacións en catalán e castelán en Menorca

O Goberno de Menorca destinará 7000 euros para a promoción de publicacións en castelán e catalán.

Fonte: El Mundo

Illas Baleares

Nas illas Baleares publícanse máis libros en catalán que en castelán

As illas Baleares son a única comunidade española na que se publican máis libros en catalán que en castelán.

Fonte: 20 minutos

Illas Baleares

Unha concentración en Palma de Mallorca reivindica a recepción das canles televisivas en lingua catalá

Centos de persoas congregáronse en Palma de Mallorca para reivindicar a recepción das canles televisivas 3/24 e C33, que emiten en lingua catalá, e que actualmente están en perigo de desaparecer do sinal de TDT nas illas Baleares.

Fonte: El Mundo

Illas Baleares

As clases de catalán para adultos son cada vez máis populares en Eivisa

Debido á popularidade coa que contan as clases de catalán para adultos na illa, o Goberno balear e o concello de Eivisa puxeron en funcionamento cursos de baixo custo para facilitarlles o acceso á lingua ás persoas interesadas en aprendela.

Fonte: Periódico de Ibiza

Illas Baleares

O catalán continúa sendo a lingua de preferencia dos país para escolarizar os seus fillos en Baleares

Case o 80 % das familias baleares escolleu o catalán como primeira lingua de escolarización para os seus fillos, continuando a tendencia dos últimos anos.

Fonte: Última hora

Illas Baleares

O Concello de Palma de Mallorca pasará a comunicarse só en catalán

A nova corporación municipal de Palma de Mallorca utilizará o catalán como lingua exclusiva de comunicación, dado que é a de maior uso nos medios de comunicación baleares.

Fonte: Mallorca Confidencial

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder