Illas Baleares
O 92 % dos estudantes de Menorca realizou a Selectividade en catalán
O 91,9 % dos estudantes menorquinos realizou os exames de selectividade en catalán. Os menorquinos son desta maneira os alumnos de Baleares que máis utilizaron a lingua propia para faceren os exames.
Fonte: Menorca al Día
O Concello de Palma só lle esixirá o catalán a un de cada cinco funcionarios
O Concello de Palma esixirá o requisito do catalán só a un de cada cinco funcionarios municipais, aínda que se manterá o requisito de coñecer a lingua propia a todos os postos que teñan relación co cidadáns.
Fonte: Diario de Mallorca
O TERMCAT recolle a terminoloxía das festas de Menorca
O TERMCAT publica a Terminologia de les Festes de Menorca (Terminoloxía das Festas de Menorca), un dicionario en liña que incorpora os termos relativos aos diversos ámbitos que forman parte da festa.
Fonte: Generalitar de Cataluña
Exclúen o catalán nas máquinas de información turística das illas Baleares
As polémicas máquinas de información turística non superarían os criterios do decreto de tratamento integral de linguas, xa que obvian un dos idiomas cooficiais da comunidade autónoma: o catalán. Ao iniciar a sesión no aparato, móstranse catro botóns que permiten cambiar a visualización da información ao castelán, inglés, alemán ou ruso. Ningún outro idioma máis: nin catalán, nin francés, nin italiano, nin chinés.
Fonte: Diario de Mallorca
O Goberno balear desactiva unha páxina web que presentaba erros na tradución ao inglés
O Goberno balear quixo dar fin á polémica pola versión en inglés da páxina web do Ibanat (Instituto Balear da Natura) e fíxoo de forma fulminante: a tradución automática da web desapareceu e agora só pode consultarse en catalán e castelán. Tamén foron desactivadas as versión en alemán e francés.
Fonte: Diario de Mallorca
Centenares de persoas marchan no municipio balear de Artà pola lingua e a cultura catalás
Unha marcha humana composta por preto de 200 persoas enlazou os principias símbolos de Artà nun acto en defensa da cultura e lingua catalás.
Fonte: Diario de Mallorca
Denuncian non poder aplicar o decreto de trilingüismo como corresponde en Baleares por falta de recursos
Practicamente todos os colexios terán que impartir unha terceira parte das materias en inglés cos seus propios recursos, xa que practicamente ningún deles recibiu da Consellería de Educación interinos cun perfil específico para dar clases de inglés.
Fonte: Diario de Ibiza
O Tribunal Superior de Xustiza de Baleares suspende a aplicación do Decreto de Tratamento Integrado de Linguas
O Tribunal Superior de Xustiza de Baleares (TSJB) suspendeu de forma cautelar a aplicación do Decreto de Tratamento Integrado de Linguas (TIL) aprobado polo Goberno balear, despois de que así o solicitasen dous dos sindicatos que recorreron a nova normativa.
Fonte: Europa Press
O Parlamento balear aproba o Decreto Lei de tratamento integrado de linguas
Na sesión plenaria do Parlamento, que estivo protagonizada, tanto dentro da Cámara como fóra desta, pola educación, validouse o decreto 5/2013 de 6 de setembro, en medio dunha polémica que levou á comunidade docente a participar nunha folga indefinida e á realización de diversas protestas a pé de rúa. Segundo o Goberno balear, a norma “é urxente e necesaria” para evitar que os centros carezan do proxecto lingüístico.
Fonte: Menorca Info
O Tribunal Constitucional avala que o catalán non sexa un requisito para os funcionarios de Baleares
O Tribunal Constitucional sentenciou que o catalán non debe ser un requisito xeral para converterse en funcionario en Baleares, aínda que si constitúa un mérito para puntuar, co que avala a reforma da Lei de función pública de Baleares acometida polo Executivo de José Ramón Bauzá.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín