Illas Baleares

Mozos baleares promoven un movemento en defensa do catalán

Mozos universitarios baleares promoveron o Moviment per la Llengua (Movemento pola Lingua), un grupo aberto á cidadanía, e un manifesto para defender o catalán en Baleares e para que siga sendo un requirimento para poder ser funcionario.

Fonte: e-notícies

Illas Baleares

A Obra Cultural Balear insta a saír á rúa en favor da lingua catalá

Co lema “sí, a la nostra llengua” (si, á nosa lingua), a Obra Cultural Balear e o Consello da Sociedade Civil convocaron unha manifestación a favor do catalán.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

Máis de cincuenta centros escolares de Baleares únense en defensa do catalán na educación

Máis de cincuenta centros de Primaria e Secundaria de Baleares uníronse xa á asemblea de mestres e profesores en catalán que se constituíu para defender esta lingua dos “ataques” que consideran que está sufrindo durante os últimos meses.

Fonte: El Mundo

Illas Baleares

O Goberno autonómico de Baleares deixará de esixir o catalán só a algúns aspirantes a funcionarios

O Consello de Goberno autonómico das Illas Baleares aprobou a modificación da Lei de función pública que establece que o coñecemento da lingua catalá deixará de ser un requirimento para acceder a determinados postos da función pública.

Fonte: La Voz de Barcelona

Illas Baleares

A Universidade das Illas Baleares maniféstase a favor da lingua catalá

A Universidade das Illas Baleares (UIB) emitiu un escrito a favor da lingua catalá en que, “como institución oficial consultiva para todo o que se refire á lingua catalá”, de acordo co Estatuto de Autonomía, manifesta “a súa preocupación e a súa desconformidade” a raíz das últimas actuacións do Goberno balear en materia lingüística.

Fonte: La Información

Illas Baleares

Máis de 50 000 persoas saen á rúa en Palma para defender o catalán

Máis de 50 000 persoas das Illas Baleares saíron á rúa para denunciar os "ataques á lingua catalá” que está realizando o Goberno de Xosé Ramón Bauzá.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

Aumenta un 8 % o número de alumnos que domina o catalán nos colexios públicos de Baleares

O 62 % dos alumnos de cuarto primaria dos centros educativos de Baleares demostrou un coñecemento sólido da lingua catalá durante o pasado ano escolar, o que supón un 8 % máis con respecto ao curso anterior nas escolas públicas.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

O Consello Escolar de Baleares rexeita a libre elección da lingua de ensino no proceso de admisión nos centros públicos

O Consello Escolar de Illas Baleares rexeitou a inclusión da libre elección de lingua de ensino na convocatoria do proceso de admisión e matriculación de alumnos nos centros públicos.

Fonte: Diario de Ibiza

Illas Baleares

Celebran en Baleares oito xornadas de lecturas continuadas durante 24 horas de textos en catalán en defensa desta lingua

A iniciativa “Enllaçats per la paraula” (Enlazados pola palabra) consistirá na celebración de oito xornadas de lecturas continuadas de textos en catalán durante 24 horas, polos oito séculos que hai que esta lingua se fala en Baleares.

Fonte: ABC

Illas Baleares

O Consello Consultivo das Illas Baleares aproba a libre elección de lingua de ensino na admisión de alumnos

O conselleiro de Educación, Cultura e Universidades, Rafael Bosch, anunciou que o Consello Consultivo de Baleares deu o seu visto e prace á libre elección de lingua de ensino na convocatoria do proceso de admisión e matriculación de alumnos.

Fonte: ABC

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder