Illas Baleares
O Goberno de Baleares confirma que o catalán deixará de ser a lingua vehicular da televisión autonómica IB3
O conselleiro balear de Presidencia, Antonio Gómez, confirmou que o catalán deixará de ser a lingua vehicular nas emisións da televisión autonómica IB3.
Fonte: Diario Siglo XXI
O Goberno de Baleares permitirá a libre elección de lingua en Infantil e Primaria
O Goberno permitirá a libre elección de lingua en Educación Infantil e Primaria a partir do próximo curso escolar, e ampliarao a Secundaria cando eliminen a débeda de 35 millóns de euros coa que conta actualmente o Departamento de Educación, Cultura e Universidades.
Fonte: Diario de Ibiza
Denuncian un recorte do 40 % dos fondos para cultura e catalán en Baleares
O grupo parlamentario do PSM-IV-ExM denunciou que os orzamentos do Goberno para o próximo ano reflicten un descenso do 40 % dos fondos destinados á promoción da cultura e a lingua catalá.
Fonte: ABC
O Goberno español achega 60 000 euros para a formación en catalán do persoal da Administración estatal en Baleares
O Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) achegará este ano unha cantidade de 60 000 euros para actuacións relacionadas coa promoción do coñecemento da lingua catalá do persoal da Administración Xeral do Estado destinada en Baleares.
Fonte: Europa Press
A Fundación Círculo Balear aplaude as emisións de IB3 nas dúas linguas de Baleares
A Fundación Círculo Balear aplaudiu a decisión de IB3 de incluír as dúas linguas oficiais de Baleares (español e catalán) na programación da televisión autonómica.
Fonte: ABC
A Consellería balear de Educación aplicará a libre elección de lingua no ensino infantil
O conselleiro de Educación, Cultura e Universidades, Rafael Bosch, confirmou que a partir do próximo ano se comezará a aplicar en infantil a libre elección de lingua nos centros educativos, tal e como prevé a lei aínda que non se aplique.
Fonte: ABC
O catalán será un mérito e non un requirimento para acceder á Administración balear
O Goberno balear iniciou o trámite para modificar a Lei de función pública para que a lingua catalá deixe de ser un requirimento e pase a ser un mérito para os procedementos de acceso e provisión na función pública na comunidade autónoma.
Fonte: Libertad Balear
Piden a retirada dunha lei por considerar que vai contra a Constitución en materia lingüística
Convergència per les Illes pediu ao Goberno balear a retirada do anteproxecto que modifica a Lei de función pública e a de normalización lingüística por considerar que ao suprimir artigos referidos á protección do catalán son contrarias ao que din a Constitución e o Estatuto balear.
Fonte: ABC
O Goberno balear pon fin ao uso preferente do catalán e blinda o bilingüismo
O Goberno balear non derrogará a Lei de normalización lingüística vixente en Baleares desde 1986, aínda que modificará oito dos seus artigos co fin de asegurar o bilingüismo en todos os ámbitos da Administración.
Fonte: El Mundo
Os concellos das Illas Baleares poderán eximir os seus policías locais de coñecer o catalán
A lingua das illas non será necesaria para ser policía local, aínda que cada concello determinará o nivel de coñecemento que se debe ter dependendo do tipo de traballo de cada axente.
Fonte: Diario de Ibiza
Boletín
Subscríbase ao boletín