Illas Baleares
O Goberno balear só esixirá o catalán aos traballadores que atendan o alumnado ou o teléfono
O executivo balear só esixirá un requisito mínimo de coñecemento do catalán aos traballadores públicos que teñan como función principal a información e a atención ao alumnado nos centros educativos ou a recepción ao público e/ou atención telefónica.
Fonte: Europa Press
A Consellería de Educación de Baleares obriga a un colexio a incluír o castelán no horario
A Consellería de Educación obrigará o colexio público de Son Ferriol a incluír a materia de castelán no seu horario escolar. Desta forma, o centro terá que modificalo e impartir catro horas de lingua castelá á semana. Ata agora, os alumnos de segundo de Primaria non recibían ningunha clase de castelán nese centro.
Fonte: El Mundo
A inmersión en catalán mantén a hexemonía nas escolas de Baleares
En contra do que se podería esperar, a libre elección de lingua para aprender a ler e escribir en castelán non inclinou a balanza a favor da lingua de Cervantes, nin sequera nos centros con máis inmigración.
Fonte: La Vanguardia
Os alumnos de Primaria de Baleares deberán estudar un mínimo de 5 horas de castelán, catalán e unha lingua estranxeira
Os alumnos de Educación Primaria de Baleares deberán cursar un mínimo de cinco horas en cada unha das linguas oficiais (castelán e catalán) e na lingua estranxeira, preferiblemente, o inglés.
Fonte: Europa Press
Baleares abandona o Instituto Ramon Llull
O Goberno balear rematou coa colaboración con Cataluña para promover a lingua e a cultura catalás. As illas non farán contribución económica ningunha o vindeiro ano ao Instituto Ramon Llull (IRL), segundo consta no anteproxecto de orzamentos da comunidade para o 2013.
Fonte: La Vanguardia
Un total de 39 centros educativos e 70 profesores de Baleares adhírese ao plan piloto de educación plurilingüe
Un total de 39 centros educativos de Baleares e 70 profesores adherirase ao plan piloto de educación plurilingües impulsado polo Goberno das illas, un “primeiro paso” para normalizar o coñecemento tanto das linguas castelán e catalán como da inglesa nas escolas e institutos.
Fonte: Qué!
Nace en Mallorca Ona Mediterrània, unha nova radio en catalán
Mallorca disporá dunha emisora de radio nova, Ona Mediterrània, unha emisora exclusivamente en catalán que podería comezar as emisións regulares en abril e que pretende recuperar a voz propia de Mallorca e protexer a cultura balear.
Fonte: Vilaweb
A demanda de catalán cae un 66 % en Menorca desde que non é requisito na Administración
A demanda do catalán nas escolas de adultos de Menorca caeu en picado desde que esta lingua xa non é requisito para acceder á función pública en Baleares. Desde que o Goberno autonómico deu a coñecer este cambio de criterio hai dous anos, perdéronse o 66 % das matriculacións nesta materia.
Fonte: Última Hora
O municipio balear de Sant Llorenç seguirá esixindo o catalán como requirimento para entrar na Administración pública
O Concello de Sant Llorenç des Cardassar aprobou en pleno que o catalán siga sendo un requirimento e non un mérito para acceder a un emprego público municipal.
Fonte: Diario de Mallorca
Manacor impulsa e premia a creación en lingua catalá con catro concursos literarios
O Concello de Manacor aposta forte polo catalán como ferramenta comunicativa e cultural. Proba disto foi a presentación das convocatorias aos Premios Ciutat de Manacor 2013, que programou ata catro galardóns de creación literaria, distribuídos nas categorías de novela, poesía, teatro e ensaio, dotados de 5000 euros o primeiro e 3000 os tres seguintes, “para así poder facerse eco por todos os Países Cataláns”.
Fonte: Diario de Mallorca
Boletín
Subscríbase ao boletín