Illas Baleares
O Goberno de Baleares edita unha guía para profesionais sanitarios de catalán básico
O Consorcio para o Fomento da Lingua Catalá (COFUC) e o Servizo de Saúde balear editaron unha guía básica de conversación sanitaria en catalán para os profesionais residentes que non coñecen o idioma autóctono das illas.
Fonte: ABC
A televisión autonómica balear IB3 planea que o castelán regrese ás películas desta canle
A volta do castelán á programación de IB3 podería facerse realidade moi pronto, xa que a canle autonómica balear fará todo o posible para que os programas poidan verse en castelán, mediante un sistema multilingua ou dual.
Fonte: El Mundo
A Obra Cultural Balear afirma que o Goberno das illas impulsará o plan de normalización lingüística
A Obra Cultural Balear (OCB) informou de que o presidente do Goberno, Francesc Antich, se comprometeu coa devandita entidade a impulsar o plan de normalización lingüística que aprobou o Consello Social da Lingua hai un ano.
Fonte: ABC
A canle IB3 comeza a emitir películas en formato multilingüe
IB3 comeza a emitir películas en formato multilingüe, o que permitirá aos espectadores das Illas Baleares seguir as longametraxes do espazo 'Cinema' en catalán, castelán ou na súa versión orixinal.
Fonte: Formula TV
Un estudo determina que os habitantes das Illas Baleares falan 160 linguas
O estudo As linguas nas Illas Baleares. Anos 2008-2010 realizado por Linguamón-Casa das Linguas e a Universidade das Illas Baleares (UIB) determina que os habitantes das Illas falan máis de 160 linguas.
Fonte: ABC
O Goberno balear e o Executivo central acordan o desenvolvemento dun programa para mellorar o nivel de inglés dos alumnos
O Ministerio de Educación e o Goberno balear subscribiron un convenio de colaboración para o desenvolvemento do programa de inmersión lingüística para mellorar o uso da lingua inglesa entre os alumnos.
Fonte: Europa Press
O Goberno balear activa o Plan de normalización lingüística
A voceira do Goberno balear, Joana Barceló, anunciou que o Goberno das Illas Baleares aprobou facer o seguimento do Plan xeral de normalización lingüística.
Fonte: Avui
Cae o coñecemento de catalán en Baleares debido á chegada de inmigrantes
Nos últimos sete anos, o coñecemento da lingua catalá sufriu un descenso de dez puntos debido á chegada de cidadáns procedentes doutras comunidades autónomas e doutros países.
Fonte: Diario de Mallorca
O Consello de Mallorca reforma o regulamento para fomentar o catalán entre as súas empresas
O Consello de Mallorca modificou o regulamento de uso do catalán no seu ámbito de competencia para promover o emprego da lingua propia entre as empresas e entidades concesionarias da institución e para actualizar os requirimentos lingüísticos de acceso para os traballadores insulares.
Fonte: ABC
O Consello de Mallorca aproba o Plan de normalización lingüística
O consello executivo do Consello de Mallorca aprobou o Plan de normalización lingüística adaptado ás directrices do Plan xeral de normalización lingüística das Illas Baleares.
Fonte: ABC
Boletín
Subscríbase ao boletín