Illas Baleares
A alta demanda duplica as clases de catalán para inmigrantes en Menorca
O Consorcio para o Fomento da Lingua Catalá (COFUC) viuse obrigado a dobrar o número de cursos de catalán para inmigrantes no verán en Menorca debido á alta demanda existente.
Fonte: Última Hora
Renace a asociación Acción Cultural de Menorca, co obxectivo de promover a lingua e a cultura catalás
Co obxectivo de «poñer nun primeiro plano político e social» a lingua e a cultura catalás, Acción Cultural de Menorca renaceu en Ciutadella. A entidade, que xa funcionou de 1996 a 1998, inicia de novo a súa andaina con renovados obxectivos e algunhas das reivindicacións de sempre.
Fonte: Última Hora
Un grupo de lingüistas visita máis de 680 locais de Mallorca para promover o catalán
Un equipo de lingüistas cataláns do Consell de Mallorca visitou desde 2008 os xerentes de máis de 680 comercios e restaurantes de distintos municipios mallorquinos para informalos sobre as subvencións que poden solicitar para promover o uso do catalán no seu negocio.
Fonte: ABC
Formentera aposta polo uso do catalán
A Consellería de Educación e Cultura do Consello Insular adheriuse un ano máis á campaña "Ara és la teva. Atén en Català" (Agora é a túa. Atende en catalán), promovida pola Dirección Xeral de Política Lingüística do Goberno balear.
Fonte: Diario de Ibiza
O Consorcio para o Fomento da Lingua Catalá organiza desde outubro cen cursos de catalán
O Consorcio para o Fomento da Lingua Catalá (COFUC) abriu a matrícula para a inscrición nos cursos de catalán da convocatoria outubro 2009 - febreiro 2010, un total de cen, dirixidos a persoas maiores de 16 anos.
Fonte: Europa Press
Menorca é a illa con menor presenza do catalán na educación primaria
O Anuari de l'Educació de les Illes Balears que cada ano elabora a Universidade das Illas Baleares e Caixa Pollença sinala a educación primaria como o talón de Aquiles da integración da lingua catalá na illa.
Fonte: Última Hora
Unha asociación balear de defensa da lingua catalá súmase á campaña para poder ver TV3 na Comunidade Valenciana
A asociación Joves de Mallorca per la Llengua sumouse á campaña promovida pola plataforma Televisión sen fronteiras, entidade que xurdiu como resposta ao peche por parte da Generalitat Valenciana dos repetidores que Acción Cultural do País Valenciano puxo para que se vise TV3 nesa comunidade.
Fonte: Europa Press
A metade dos estudantes da Universidade das Illas Baleares non entende o inglés
Un dos retos da universidade española para poñerse á altura do resto do continente e ser competitiva é lograr que os seus alumnos saiban inglés, algo que en España fallou desde sempre. Na Universidade das Illas Baleares, máis da metade dos estudantes –un 64 %– asegura que non entende este idioma.
Fonte: Diario de Ibiza
Máis de seiscentos sanitarios de Baleares realizaron cursos de catalán para adaptarse ás esixencias do novo decreto
Un total de 632 traballadores sanitarios das illas realizou durante o 2009 algún curso de catalán para adecuarse, así, ás esixencias solicitadas polo Goberno balear no novo decreto que obriga os traballadores a acreditar o nivel B, medida que ocasionou unha gran contestación por parte do sector.
Fonte: Diario de Mallorca
Formentera aposta polo uso do catalán
A Consellería de Educación e Cultura do Consello Insular adheriuse un ano máis á campaña "Ara és la teva. Atén en Català" (Agora é a túa. Atende en catalán), promovida pola Dirección Xeral de Política Lingüística do Goberno balear.
Fonte: Diario de Ibiza
Boletín
Subscríbase ao boletín