Illas Baleares
O Goberno balear destina 375 000 euros a fomentar o uso do catalán nos medios de comunicación e no ámbito deportivo
A Consellería de Cultura convoca unha axuda de 275 000 euros para impulsar o uso do catalán nos medios de comunicación. Así mesmo, abrirá outra liña de 100 000 euros para ámbito deportivo.
Fonte: Ser
O Concello de Palma edita un folleto en seis idiomas para promover os cursos de catalán
Este novo folleto está dirixido a persoas que queiran aprender o catalán e tamén ás que necesiten perfeccionar o nivel desta lingua. O folleto estará dispoñible en catalán, castelán, inglés, alemán, árabe e chinés.
Fonte: Diario de Mallorca
Unha trintena de estudantes procedentes de 15 países chega ás Baleares para mellorar o seu nivel de catalán
A Consellería de Cultura, Participación e Deportes inaugura, por segundo ano consecutivo, a estancia lingüística de verán que finaliza o 14 de setembro e que está dirixida a estudantes de catalán de todo o mundo.
Fonte: 20 minutos
Convócanse os premios literarios Ciutat de Eivissa para incentivar a escrita en lingua catalá
O obxectivo deste certame é fomentar a lingua catalá e difundir a literatura en diferentes ámbitos. Os premios contan coas categorías de narrativa, narrativa infantil e poesía, pero están abertos a toda creación literaria en catalán.
Fonte: Diario de Ibiza
Celébrase en Eivisa unha festa con música e xogos para reivindicar o catalán
Nesta festa leuse un manifesto para reivindicar a necesidade de utilizar máis a lingua catalá, impulsar os valores lingüísticos dialectais e facer un uso correcto da toponimia.
Fonte: Diario de Ibiza
O Goberno balear creará unha oficina para garantir os dereitos lingüísticos

A Consellería de Cultura, Participación e Deportes está a tramitar o decreto para poñer en marcha a Oficina de Dereitos Lingüísticos, un proxecto co que pretende atender os casos de discriminación nesta materia así como contribuír a normalizar o uso do catalán como lingua oficial.
Fonte: La Vanguardia
O Concello de Eivisa aproba unha moción para que televisións e radios doutras comunidades de fala catalá cheguen ao arquipélago
Con esta moción aprobada no Concello de Eivisa solicítase que as televisións e as radios doutras comunidades autónomas de fala catalá poidan verse e escoitarse no arquipélago balear e viceversa, de cara a desenvolver un espazo comunitario nesta lingua.
Fonte: Noudiari.es
O Goberno balear pon en marcha unha iniciativa para dar a coñecer o catalán entre os turistas

O Goberno balear quere dar a coñecer a lingua catalá entre os turistas nos hoteis do arquipélago, para o cal se editarán unhas tarxetas de presentación, en nove idiomas, nas que se incluirá vocabulario básico do catalán.
Fonte: ABC
Pídenlle ao Goberno das Baleares que actúe ante o aumento de denuncias por discriminación lingüística no arquipélago
A Obra Cultural Balear (OCB) solicitoulle á presidenta do Goberno das illas que actúe ante o incremento de denuncias relacionadas coa discriminación lingüística que recibiron nos últimos meses.
Fonte: 20minutos
Sancionan a 21 comercios de Baleares por atender os clientes só en inglés ou alemán
A Consellería de Comercio, Industria e Enerxía balear abriu un total de 21 expedientes sancionadores a comercios de Baleares por vulnerar os dereitos lingüísticos dos consumidores.
Fonte: El Mundo
Boletín
Subscríbase ao boletín