Illas Baleares

Representantes do Goberno balear e do Consello de Mallorca reúnense para tratar a coordinación da política lingüística

A reunión produciuse coa intención de valorar as vías que se van seguir para acadar unha estratexia de actuación coordinada en materia de política lingüística entre os distintos corpos institucionais da comunidade con competencias.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

Eivisa retoma o seu programa de voluntariado lingüístico

O Concello de Eivisa e o Instituto de Estudos Eivisencos renovan o programa de voluntariado lingüístico municipal co obxectivo de aumentar o uso social do catalán e crear un marco no que as persoas que non o falan poidan practicalo.

Fonte: Sóller
 

Illas Baleares

Ponse en marcha Astrollengua, un proxecto que combina o catalán coa astronomía

O Instituto Mallorquino de Ciencias do Espazo puxo en marcha o proxecto Astrollengua, unha iniciativa destinada ao alumnado de Secundaria co obxectivo de que coñeza termos científicos correctos en catalán ao tempo que adquire coñecementos sobre astronomía.

Fonte: Última Hora

Illas Baleares

O Goberno balear fomentará o uso do catalán nos espazos de ocio da mocidade

Desde o departamento dedicado á política lingüística no arquipélago están a traballar para poñer en marcha actuacións para impulsar o emprego do catalán nos sectores onde menos se fala, entre eles nos espazos de lecer da mocidade.

Fonte: 20 minutos

Illas Baleares

O Catálogo de Actividades Culturais de Mallorca inclúe este ano talleres de rap en catalán

O catálogo presentado para este curso académico inclúe diversos proxectos para fomentar a integración lingüística, entre os que se atopan os talleres de rap en catalán, cursos de teatro, exposicións ou rutas culturais.

Fonte: Mallorca Confidencial

Illas Baleares

Formentera busca mellorar a presenza da lingua catalá na illa

A conselleira de Política Lingüística de Formentera reuniuse cos organismos autonómicos competentes nesta materia para estudar posibles actuacións para poñer en marcha na illa para promover o uso da lingua catalá e incrementar a súa presenza en sectores como o comercio e a hostalería.

Fonte: Nou Diari

Illas Baleares

O Instituto de Estudos Cataláns recibirá do Goberno balear financiamento para o Corpus Oral da Lingua Catalá

O Consello de Goberno balear decidiu conceder unha axuda de 30 000 euros á institución académica coa finalidade de establecer un corpus oral da lingua catalá en función da tradición de cada territorio lingüístico.

Fonte: ABC

Illas Baleares

Comeza un proxecto piloto en Mahón para fomentar o uso do catalán entre os cativos

A Plataforma pola Lingua levará a cabo 18 talleres grupais de rap en catalán con mozos e mozas dun colexio de Mahón coa intención de facer o menorquino atractivo para a realización de actividades de lecer e creativas.

Fonte: 20minutos

Illas Baleares

Apróbase a concesión de 38 axudas para a promoción do catalán na illa de Menorca

O Consello Insular de Menorca repartirá 40 000 euros en axudas para a promoción do uso do catalán nos ámbitos empresarial, asociativo, deportivo e editorial.

Fonte: Setmanari Soller

Illas Baleares

O Goberno balear e IB3 colaborarán para formalizar un compromiso sobre o uso do catalán na radio e a televisión

Dado que a televisión e a radio públicas resultan fundamentais para a normalización lingüística, a lingua que se emprega nestes medios de comunicación debe converterse nun modelo de referencia para os falantes, motivo polo que se acordarán uns criterios lingüísticos e unhas pautas de uso da linguaxe.

Fonte: Diario de Ibiza

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder