Illas Baleares

Ponse en marcha unha campaña para esixir o respecto aos dereitos lingüísticos na sanidade pública do arquipélago balear

A Plataforma pola Lingua habilitou unha web para que a cidadanía lle envíe unha carta á presidenta do Goberno balear na que lle esixe que se garantan os dereitos lingüísticos na sanidade pública das illas.

Fonte: 20minutos

Illas Baleares

A Delegación do Goberno en Baleares potenciará o catalán entre as forzas de seguridade do estado para garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía

Nunha reunión celebrada entre a Policía Nacional, a Garda Civil, a Secretaría de Universidade, Investigación e Política Lingüística e a Delegación do Goberno en funcións, acordouse potenciar a lingua catalá entre os corpos de seguridade das illas para asegurar un bo servizo á cidadanía e garantir os seus dereitos lingüísticos.

Fonte: Última hora

Illas Baleares

Docentes das Baleares emiten un manifesto en defensa do catalán como lingua vehicular no sistema educativo

O manifesto suma apoios nas redes sociais para reclamar o catalán como lingua vehicular e de aprendizaxe nas illas fronte ao modelo proposto no anteproxecto da lei de educación.

Fonte: Setmanari Sóller

Illas Baleares

A Dirección Insular de Política Lingüística de Mallorca estrea unha web para promover un uso correcto do catalán

A web llenguamallorca.cat recolle ferramentas que axudan a facer un uso correcto da lingua catalá, así como información sobre dereitos lingüísticos e posibles iniciativas que se desenvolvan en materia de dinamización e promoción do catalán na illa.

Fonte: Diario de Marratxi

Illas Baleares

A Obra Cultural Balear presenta en Palma ‘Bon Dia mòbil’, unha iniciativa para potenciar o uso social do catalán

O escenario móbil que percorrerá todos os municipios de Mallorca durante 2020 con música en catalán comezou a súa andaina no Concello de Palma, unha iniciativa que busca promover o uso social da lingua catalá nas illas como elemento de concordia e integración.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

A Consellería de Educación e o Concello de Palma reúnense para acordar novas actuacións en política lingüística

A Consellería de Educación do Goberno balear e o Concello de Palma reuníronse para coordinar a política lingüística da cidade, así como rendibilizar os recursos e aproveitar a influencia territorial da capital para acadar maior presenza da lingua catalá na rúa.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

O Goberno balear organiza un concurso para promover os xogos e os xoguetes en catalán

As illas Baleares súmanse á campaña «I tu, jugues en català?» para fomentar o uso e o consumo de xogos e xoguetes en catalán. Para iso, organizan un concurso no que se realizarán preguntas a través da web jocsencatala.cat sobre xogos e costumes locais tradicionais.

Fonte: Setminario Soller

Illas Baleares

O Consello Escolar das Baleares solicítalle ao Goberno das illas que aplique medidas para frear o retroceso do catalán na educación

O Consello Escolar emitiu unha resolución apoiada nos datos do Instituto de Avaliación da Calidade do Sistema Educativo, que determina que o 45,3 % do alumnado remata primaria cun nivel baixo en expresión oral catalá. Solicitan medidas para paliar este déficit, comezando por realizar un diagnóstico adecuado da situación desta lingua no ensino. 

Fonte: 20 minutos

Illas Baleares

Baleares aproba o decreto para crear a Oficina de defensa dos dereitos lingüísticos

Esta oficina estará en marcha a partir de febreiro de 2020 e terá como obxectivo velar polos dereitos dos falantes, polo que poderá intervir, a instancia de interesados ou de oficio, ante actuacións da propia Administración balear, de suxeitos privados ou da cidadanía. 

Fonte: 20 minutos

Illas Baleares

A primeira Lei de educación das Baleares propón un modelo lingüístico co catalán como lingua maioritaria

O Goberno balear presentou o anteproxecto da que será a primeira Lei de educación do arquipélago, na que o punto que suscita maiores discrepancias é o relativo á presenza do catalán nas escolas.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder