Illas Baleares

A Universidade das Illas Baleares celebra a III Olimpíada de Lingua e Literatura Catalás

A Universidade das Illas Baleares celebra a III Olimpíada de Lingua e Literatura Catalás na que participarán 140 estudantes de 2º de Bacharelato. A proba nesta edición consistirá nun ditado en catalán, seguido de dúas preguntas de sociolingüística e literatura.

Fonte: Mallorca Diario

Illas Baleares

O Goberno balear subvencionará a creación dun grao de dinamización lingüística na Universidade das Illas Baleares

O Goberno balear concederalle unha subvención de 28 500 euros á Universidade das Illas Baleares para financiar o posgrao de Experto Universitario en Dinamización Lingüística. O obxectivo deste título é formar profesionais especialistas no fomento do uso do catalán e na garantía dos dereitos lingüísticos da cidadanía.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

Convócanse axudas para o uso e o fomento do catalán dirixidas aos sectores empresarial, asociativo e deportivo de Menorca

O Consell de Menorca convoca axudas por valor de 40 000 euros para o emprego e o fomento do catalán nos ámbitos empresarial, asociativo e deportivo da illa, co obxectivo de promover esta lingua en todos os sectores e de implicar a sociedade nas políticas de dinamización lingüística.

Fonte: Menorca

Illas Baleares

O proxecto 'Som poesia' promove a lingua catalá nas Illas Baleares

A cidade de Palma de Mallorca acollerá o proxecto 'Som poesia' que conta coa colaboración da área de Cultura, Patrimonio, Memoria Histórica e Política Lingüística e que ten como obxectivo promover a lingua catalá a través da poesía.

Fonte: 20 minutos

Illas Baleares

Ábrese en Mallorca un período para solicitar axudas de libros e fonogramas en catalán

O Goberno da illa de Mallorca abriu o prazo para solicitar subvencións de libros e fonogramas en catalán. Estas axudas teñen como obxectivo diversificar as formas de acceso á lectura e á música nesta lingua e que así teña maior presenza en plataformas dixitais.  

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

O Goberno balear aproba o decreto de avaliación e certificación de coñecementos do catalán

O novo Decreto de avaliación e certificación de coñecementos de lingua catalá ten como obxectivo adaptar a normativa vixente á estrutura actual da Administración balear e actualizar os contidos de cada nivel.

Fonte: 20minutos

Illas Baleares

Unha canción reivindica o uso do catalán en Mallorca

O Goberno de Mallorca impulsou a gravación dun tema musical baixo o título «Som molts!» («Somos moitos!»), co obxectivo de reivindicar o uso do catalán entre a poboación da illa.  

Fonte: ABC

Illas Baleares

Segundo unha enquisa, o 80 % da mocidade das Baleares sabe falar catalán, aínda que só a metade usa esta lingua habitualmente

Segundo a Enquisa de usos lingüísticos EULIB2014, oito de cada dez mozos/as do arquipélago saben falar e escribir en catalán, malia que a porcentaxe dos que o falan asiduamente descende ata o 50 % e dos que o identifican como a súa lingua de uso habitual diminúe ata un 34,5 %.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

O Goberno balear prolongará a distribución do sinal de canles en catalán

O Goberno balear vai destinar 4,2 millóns de euros á prolongación da distribución do sinal da radiotelevisión pública IB3 e dalgunhas canles de radio e televisión de Cataluña. Trátase dunha iniciativa que ten como obxectivo impulsar o uso do catalán e garantir unha maior pluralidade informativa.

Fonte: Noudiari

Illas Baleares

A axencia de noticias Europa Press pon en marcha en Baleares un servizo de noticias en catalán

O novo servizo de noticias para as illas Baleares ofrecerá a actualidade diaria das illas en catalán e tratará todo tipo de temas. A difusión realizarase a través dunha páxina web específica e potenciarase mediante un perfil propio en Twitter.

Fonte: Mallorca Diario

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder