Illas Baleares
O Goberno balear presenta unha campaña para compartir palabras en catalán a través das redes sociais o día de San Jordi

«Per Sant Jordi, una paraula!» é unha iniciativa participativa coa que o Goberno balear pretende que a cidadanía comparta palabras en catalán a través das redes sociais o 23 de abril, día de San Jordi, co cancelo #parauladesantjordi.
Fonte: Govern Illes Balears
O Goberno de Mallorca crea stickers en WhatsApp para fomentar o catalán

A nova campaña de dinamización lingüística consta de sesenta stickers para impulsar o catalán a través do WhatsApp, que conteñen motivos divertidos con expresións e palabras que se utilizan habitualmente nas conversas desta rede social.
Fonte: Consell de Mallorca
A Dirección Insular de Política Lingüística de Mallorca organiza un concurso sobre lingua e literatura en catalán nas redes sociais

Co obxectivo de ofrecer un entretemento intelectual durante o confinamento por mor do coronavirus, o Consell de Mallorca convoca un concurso nas súas redes sociais sobre lingua e literatura en catalán.
Fonte: 20minutos
O Goberno de Mallorca convoca unha liña de axudas para libros e fonogramas en catalán
A convocatoria de subvencións para libros e fonogramas en catalán está dotada dun orzamento de 300 000 euros. O seu obxectivo é incrementar o coñecemento e a presenza social do catalán, así como apoiar a industria editorial e discográfica nesta lingua.
Fonte: Crónica Balear
O Servizo de Asesoramento Lingüístico de Formentera impartirá cursos de catalán para a Garda Civil
O Consell de Formentera asinou un convenio de colaboración coa Dirección Insular da Administración Xeral do Estado para impartir un primeiro curso de catalán destinado aos axentes da Garda Civil da illa.
Unha organización mallorquina convoca un concurso literario para fomentar entre a mocidade a creación en catalán
Joves de Mallorca per la Llengua organiza un concurso literario dirixido a persoas de 15 a 30 anos cuxo obxectivo é impulsar a creación literaria e artística en catalán entre a mocidade.
Fonte: Última Hora
A Delegación do Goberno nas illas Baleares comprométese a impulsar o catalán entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado
O delegado do Goberno en funcións das illas Baleares mantivo unha reunión con representantes da Garda Civil e a Policía Nacional, así como do Goberno do arquipélago, na que se comprometeu a potenciar a lingua catalá entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Fonte: Teleprensa
Un grupo de traballo actualizará en Baleares o decreto que regula a competencia lingüística en catalán do persoal docente

A Mesa Sectorial de Educación decidiu crear un grupo de traballo, que estará integrado por representantes do Goberno, os sindicatos e a Universidade das Illas Baleares, para actualizar o decreto que regula a competencia lingüística en catalán do persoal docente non universitario.
Fonte: La Vanguardia
Entréganse nas Baleares os premios do certame “E ti, xogas en catalán?”
A Consellería de Educación, Universidade e Investigación entregou os premios do concurso posto en marcha no marco da campaña 'I tu, jugues en català?' no que participaron preto de 200 aspirantes.
Fonte: Mallorca Diario
Ponse en marcha unha campaña para esixir o respecto aos dereitos lingüísticos na sanidade pública do arquipélago balear

A Plataforma pola Lingua habilitou unha web para que a cidadanía lle envíe unha carta á presidenta do Goberno balear na que lle esixe que se garantan os dereitos lingüísticos na sanidade pública das illas.
Fonte: 20minutos
Boletín
Subscríbase ao boletín