Illas Baleares
Nace en Baleares un movemento a prol dunha escola en catalán

O Moviment per l’escola en català, integrado por varias entidades, ten como obxectivo axudar a que o alumnado, ao finalizar o ensino obrigatorio, sexa suficientemente competente en catalán e perciba esta lingua como propia, algo que non acontece na actualidade, segundo demostra a Enquisa de Usos Lingüísticos.
Fonte: Última Hora
O Goberno balear reparte 225 000 euros en axudas a proxectos de fomento do catalán
As axudas para o fomento do uso do catalán, convocadas en xuño, repartirán 225 000 euros entre proxectos de voluntariado lingüístico, actividades formativas para colectivos específicos, de lecer, de integración lingüística e de sensibilización.
Fonte: La Vanguardia
O Instituto de Estudos Baleáricos pon en marcha un centro virtual de formación de catalán

O Instituto de Estudios Baleáricos vai poñer en funcionamento o Centro de Catalán Virtual, unha iniciativa que ten como obxectivo garantir que quen o desexe poida preparar un nivel de catalán ou perfeccionar o que xa ten. Incluirá recursos e ligazóns para a aprendizaxe desta lingua, así como un equipo de asesoramento para responder dúbidas e preguntas.
Fonte: 20minutos
Preséntase nas Baleares o Selo de Produto Lingüisticamente Responsable

A Plataforma per la Llengua presentou nas Illas Baleares o Selo de Produto Lingüisticamente Responsable para implantar nas empresas do arquipélago co obxectivo de identificar os produtos etiquetados en catalán e impulsar o seu consumo.
Fonte: La Vanguardia
Menorca reparte 40 000 euros entre 67 entidades para o fomento do uso do catalán
Un total de 67 beneficiarios, entre particulares, empresas, asociacións e clubs deportivos, van repartirse as axudas que o Consell de Menorca destina á promoción do uso do catalán en diferentes sectores.
Fonte: Menorca
Segundo unha enquisa, o castelán é a lingua máis empregada nas aulas da Universidade das Illas Baleares

Segundo a enquisa realizada en 2019 sobre os usos lingüísticos na Universidade das Illas Baleares, o castelán é a lingua máis utilizada nas aulas, tanto para impartir materias de grao como na relación entre o profesorado e o alumnado, e no ámbito administrativo.
Fonte: Última Hora
Increméntanse en Menorca as solicitudes de axuda para a promoción do catalán
O aumento de peticións para acceder a algunha das liñas de axuda para o fomento do catalán en Menorca foi espectacular, ao pasar de 38 en 2019 a 82 en 2020. En total repartiranse 40 000 euros en catro liñas: edición, con 19 solicitudes; empresa, con 38; deporte, con sete; e tecido asociativo, con oito.
Fonte: Menorca.info
Reclaman un aumento das horas de emisión en catalán de Televisión Española no arquipélago balear
O voceiro de MÉS per Mallorca no Parlamento balear insta a Radiotelevisión Española e o Goberno central a ampliar as desconexións territoriais nas illas e a posibilitar que toda a programación que se emite en catalán non se restrinxa a Cataluña, senón que tamén se poida retransmitir no arquipélago.
Fonte: 20 minutos
O Instituto de Estudos Baleáricos abre a matrícula para os cursos de lingua catalá

O Instituto de Estudos Baleáricos (IEB, polas súas siglas en catalán) abriu o prazo de matrícula dos seus cursos de lingua catalá. A oferta será completamente en liña a causa da situación xerada pola covid-19.
Fonte: dBalears
O Instituto Ramon Llull organiza a súa estadía lingüística de verán nas Illas Baleares
A estadía lingüística de verán do Instituto Ramon Llull terá lugar este ano nas Illas Baleares. A novidade é que o evento se desenvolverá de xeito virtual.
Fonte: 20minutos
Boletín
Subscríbase ao boletín