Illas Baleares
Centros de saúde de Mallorca reclaman atención e carteis en catalán nos ambulatorios
Os centros de saúde de Son Pisà, Santa Catalina, Casa del Mar, Binissalem e Campos acolleron unha acción de protesta para reclamar atención e rótulos en catalán.
Fonte: Diario de Mallorca
A Obra Cultural Balear denuncia a discriminación do catalán na sanidade
A institución pídelle ao Goberno balear que poña en marcha un plan de choque na sanidade pública para garantir que os usuarios se expresan libremente despois das denuncias xurdidas este verán.
Fonte: Diario de Mallorca
Celébrase a terceira edición da semana ludolingüística “Units pel nostres parlar” en Sant Josep de sa Talaia

O Concello de Sant Josep de sa Talaia presenta a terceira semana ludolingüística “Units pel nostres parlar” con actividades para fomentar o uso da lingua catalá e dar a coñecer a súa cultura e tradicións, como un recital de poesía ou obradoiros para persoas chegadas recentemente.
Fonte: Noudiari
O Concello de Palma apoiará a creación literaria en catalán cos Premios Ciutat de Palma

Os premios Ciutat de Palma Llorenç Villalonga de Novela e Joan Alcover de Poesía, dotados con 26 000 euros e 12 000 euros respectivamente, outorgaranse a obras escritas en catalán. Así mesmo, o premio Miquel dels Sants Oliver de Periodismo vai dirixido á investigación en catalán e o Ciutat de Palma de Cómic, a obras en catalán ou castelán.
Fonte: Última Hora
Esgótanse as 290 prazas para os obradoiros intensivos de catalán en Mallorca
A Dirección Insular de Política Lingüística impartirá 17 seminarios para preparar a parte oral e a escrita das probas oficiais de nivel de catalán. As clases terán lugar polas tardes en Inca e Palma.
Fonte: Diario de Mallorca
O Goberno balear convoca axudas a medios de comunicación en catalán por 635 000 euros

O obxectivo desta convocatoria anual é fomentar a presenza da lingua catalá nos medios de comunicación social das illas e facer crecer a oferta de medios na lingua propia da comunidade autónoma. Poderán beneficiarse das axudas as publicacións de prensa diaria, local, de temática especializada e as emisións de radios e televisións.
Fonte: Noudiari
Organízanse os concertos “Treu la llengua” nas illas de Baleares para poñer en valor o catalán
A Dirección Xeral de Política Lingüística organiza, coa colaboración doutras institucións e entidades, os concertos “Treu la llengua” que se levarán a cabo este verán nas catro illas de Baleares co obxectivo de poñer en valor a importancia da lingua catalá.
Fonte: Diario Alerta
Organízase un obradoiro de introdución ao catalán para a xuventude chegada recentemente a Baleares

A Dirección Xeral de Política Lingüística pon en marcha un novo obradoiro de acollida lingüística para un grupo de persoas recentemente chegadas ás Illas Baleares onde se combina a formación en lingua catalá con actividades como o teatro, a cociña ou as visitas a establecementos locais para practicar a lingua.
Fonte: Govern Illes Balears
O Goberno balear pon en marcha a campaña “Benvinguts!” para aproximar o catalán a turistas
A Dirección Xeral de Política Lingüística inicia de novo a campaña “Benvinguts!” para transmitir a realidade lingüística de Baleares e acercar o catalán ás persoas que visitan o arquipélago.
Fonte: 20 minutos
O Instituto de Estudos Eivisencos organiza obradoiros de conversación en catalán para persoas adultas
O Instituto de Estudos Eivisencos levará a cabo os seus obradoiros desde o día 2 ao 31 de agosto coa colaboración do Concello de Eivisa. O seu obxectivo é fomentar o uso social do catalán, sobre todo entre aquelas persoas que xa contan con nocións básicas da lingua pero que aínda non se animan a falala.
Fonte: Periódico de Ibiza
Boletín
Subscríbase ao boletín