Illas Baleares

O Consello Social da Lingua Catalá fará un seguimento da aplicación das súas recomendacións

Na sesión plenaria deste órgano aprobáronse os documentos elaborados polo Relatorio de Actitudes Lingüísticas e polo Relatorio de Revisión. Así mesmo, aprobouse unha declaración institucional para que os poderes públicos asuman a normalización do catalán como un compromiso prioritario.

Fonte: Govern Illes Balears

Illas Baleares

Institucións das Illas Baleares establecen un marco de colaboración en materia de normalización da lingua catalá na radio e a televisión públicas do arquipélago

O Goberno balear, a Universidade das Illas Baleares e IB3 asinaron un protocolo de actuación co obxectivo de mellorar os usos lingüísticos na televisión e na radio públicas do arquipélago.

Fonte: Última Hora

Illas Baleares

O Goberno balear pon en marcha unha mostra de videoxogos e obradoiros de xogos de mesa en catalán

O Goberno das illas Baleares, ao abeiro da campaña «I tu, jugues en català?», organiza unha mostra de videoxogos e obradoiros de xogos de mesa para dar a coñecer e promover o uso e o consumo destes produtos en lingua catalá.  

Fonte: La Región Internacional

Illas Baleares

O persoal do Concello de Palma de Mallorca recibe a normativa lingüística municipal que establece o catalán como lingua de atención preferente

O Concello de Palma repartiu entre o seu funcionariado un resumo da normativa lingüística municipal. Nesta establécese que deben usar o catalán na tramitación de documentos e na relación coa cidadanía, coa que só empregarán o castelán se piden atención nesta lingua.  

Fonte: Faro de Vigo

Illas Baleares

O Goberno balear publica un vocabulario con termos de dereito para que os profesionais deste ámbito coñezan a linguaxe xurídica

Ao abeiro da campaña «La justícia, també en català», o Executivo balear reeditou o Vocabulari de dret, unha obra que recolle termos xurídicos básicos e que inclúe un total de 5947 entradas en catalán, con equivalencias en castelán e cos sinónimos e as siglas correspondentes nas dúas linguas.

Fonte: Govern de les Illes Balears

Illas Baleares

O Parlamento balear aproba que se garanta a atención en catalán para dirixirse á Administración estatal

O Parlamento balear aprobou unha proposta para solicitar que a cidadanía do arquipélago poida empregar o catalán ao dirixirse á Administración Xeral do Estado, unha medida que busca garantir os dereitos lingüísticos da poboación.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

Preséntase unha campaña para impulsar o uso do catalán na Administración de Xustiza das illas Baleares

'La Justícia, també en català' é o lema dunha nova campaña, impulsada polo Tribunal Superior de Xustiza de Baleares e o Goberno do arquipélago, xunto a outras entidades, que ten como obxectivo fomentar o uso do catalán no ámbito xudicial, así como o coñecemento e o respecto polos dereitos lingüísticos.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

Centros de saúde de Mallorca reclaman atención e carteis en catalán nos ambulatorios

Os centros de saúde de Son Pisà, Santa Catalina, Casa del Mar, Binissalem e Campos acolleron unha acción de protesta para reclamar atención e rótulos en catalán.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

A Obra Cultural Balear denuncia a discriminación do catalán na sanidade

A institución pídelle ao Goberno balear que poña en marcha un plan de choque na sanidade pública para garantir que os usuarios se expresan libremente despois das denuncias xurdidas este verán.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

Celébrase a terceira edición da semana ludolingüística “Units pel nostres parlar” en Sant Josep de sa Talaia

O Concello de Sant Josep de sa Talaia presenta a terceira semana ludolingüística “Units pel nostres parlar” con actividades para fomentar o uso da lingua catalá e dar a coñecer a súa cultura e tradicións, como un recital de poesía ou obradoiros para persoas chegadas recentemente.

Fonte: Noudiari

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder