Illas Baleares

Ponse en marcha nas Illas Baleares unha campaña para esixir maior presenza do catalán no ámbito xudicial

A plataforma impulsora da campaña «La justícia, també en català» envioulle unha carta ao Tribunal Superior de Xustiza de Baleares para solicitarlle ao Consello Xeral do Poder Xudicial que promova medidas que permitan avanzar no uso do catalán no ámbito xudicial.  

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

O coñecemento de catalán deixa de ser un requisito para persoal médico e de enfermería das Illas Baleares

O Goberno balear decidiu non esixir o coñecemento de catalán ante o déficit existente en todas as especialidades de medicina e de enfermería.

Fonte: Menorca

Illas Baleares

A Oficina de Dereitos Lingüísticos das Illas Baleares atendeu en 2021 máis de 200 casos

Entre o 4 de decembro de 2020 e o 31 de decembro de 2021 a Oficina de Defensa dos Dereitos Lingüísticos atendeu 208 casos, fronte aos 126 de Cataluña e os 87 da Comunidade Valenciana.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

O Goberno balear pon en marcha unha campaña para promover o uso social do catalán

A campaña, que ten como lema ‘Mou la llengua’, invita os falantes de catalán a non cambiar de lingua de forma innecesaria e sinala a importancia de que a empreguen en todas as ocasións posibles.

Fonte: Nou Diari

Illas Baleares

O Goberno balear reparte folletos de acollida lingüística en catalán entre os refuxiados ucraínos

O Goberno balear repartiu case 1000 folletos, baixo o título «A l'Abast», cos que busca atender as necesidades lingüísticas de catalán dos refuxiados e da comunidade ucraína que vive no arquipélago.

Fonte: Crónica Balear

Illas Baleares

Volve a Formentera o programa de voluntariado lingüístico «Parlam?»

O Servizo de Asesoramento Lingüístico de Formentera organiza novamente o programa de voluntariado lingüístico «Parlam?», mediante o que se porán en contacto persoas que saben catalán con outras que queiran aprendelo ou simplemente practicalo.

Fonte: Formentera Avui

Illas Baleares

Preséntase unha proposición non de lei para que Google Maps use os topónimos das Baleares en catalán

MÉS per Mallorca presentou unha proposición non de lei no Parlamento balear para que na versión en castelán da aplicación de Google Maps se inclúan os topónimos do arquipélago en catalán.

Fonte: Crónica Balear

Illas Baleares

O Concello de Manacor pon en marcha un servizo de apoio lingüístico á contratación

O Concello de Manacor aprobou unhas cláusulas para que o catalán se converta en requisito técnico para calquera contratación de servizos, obras ou subministracións. Por este motivo, creou un novo servizo de apoio lingüístico á contratación, co obxectivo de facer efectivo o uso público desta lingua.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

O impulso do proxecto Compendium.cat axudará a promover o uso do catalán na xustiza balear

O Consello da Avogacía Catalá, o Goberno balear, a Universidade das Illas Baleares e o Colexio de Avogados do arquipélago comprometéronse por medio dun acordo a impulsar o portal de recursos xurídicos en catalán Compendium.cat co obxectivo de fomentar o uso desta lingua na Administración de Xustiza.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

O Concello de Palma organiza novas actividades para promover o uso do catalán na cidade

O Servizo de Dinamización Lingüística do Concello de Palma programa novas actividades gratuítas que van dirixidas a persoas que queren mellorar os seus coñecementos de catalán, con obradoiros que fomentan a expresión oral, espazos de conversación, visitas a mercados municipais e visitas culturais.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder