Illas Baleares

Ponse en marcha en Calvià unha campaña en defensa do catalán

Baixo o lema «Sí a la llengua», a Obra Cultural Balear (OCB) presenta en Calvià a súa nova campaña para defender o catalán e o seu uso en todos os ámbitos.

Fonte: Ara Balears

Illas Baleares

O Parlamento balear móstrase favorable ao fomento do catalán, pero non a que sexa un requisito

O Parlamento balear aprobou unha proposición que apoia o fomento do coñecemento e o uso do catalán, pero rexeita que sexa un requisito para acceder á Administración pública.

Fonte: Última Hora

Illas Baleares

Un total de 26 entidades de Baleares asina un manifesto contra a segregación lingüística nas aulas

As entidades asinantes do manifesto contra a segregación lingüística nas aulas pídenlle á presidenta balear que non se separe o alumnado en función da lingua de ensino (castelán ou catalán).

Fonte: Mallorca Diario

Illas Baleares

O Parlamento balear aproba unha moción para que o catalán sexa a lingua de uso prioritario nas institucións

Esta moción insta o Goberno balear, entre outras cuestións, a darlle prioridade ao catalán, como lingua propia do arquipélago, nas institucións públicas.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

O Goberno balear anuncia un plan de formación para mellorar o dominio do catalán entre o persoal sanitario

Será a través do Instituto de Estudos Baleáricos, que se encargará de poñer en marcha un plan formativo para que o persoal sanitario mellore o seu coñecemento da lingua catalá.

Fonte: Mallorca Diario

Illas Baleares

O Instituto de Estudos Baleáricos asume as competencias en política lingüística

O Goberno balear modificou os estatutos do Instituto de Estudos Baleáricos para que este asuma as competencias en política lingüística dentro da Consellería de Turismo, Cultura e Deportes.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

O Goberno balear elimina o requisito de saber catalán na sanidade pública

O Goberno das Illas Baleares aprobou a eliminación da obriga para o persoal que traballa na sanidade pública de acreditar o coñecemento de catalán, que pasará a considerarse un mérito.  

Fonte: El Periódico

Illas Baleares

O Consell de Mallorca destinada 345 000 euros ao impulso do catalán

A Dirección Insular de Política Lingüística outorgoulles a 107 entidades e empresas axudas para o impulso do uso do catalán na rotulación, a etiquetaxe, a edición de material impreso, a merchandaxe, as páxinas web ou as aplicacións para móbiles, entre outras.

Fonte: Economía de Mallorca

Illas Baleares

Baleares acolle as probas para obter certificados de lingua catalá

A Dirección Xeral de Política Lingüística comezou coa convocatoria para obter certificados de coñecementos de lingua catalá coa proba escrita do nivel B2, á que se presentaron 1700 persoas.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

O Consell de Mallorca subvenciona por primeira vez os festivais de música en catalán

A Dirección Insular de Política de Lingüística destinará unha partida de 80 000 euros aos festivais de música en catalán celebrados entre o 1 de outubro de 2022 e o 30 de setembro de 2023.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder