Illas Baleares

Máis de 9500 persoas participaron en Mallorca nas actividades de dinamización do catalán

O Consell de Mallorca organizou desde febreiro de 2022 arredor de 1800 horas de actividades en diferentes espazos de toda a illa (prazas, escolas, rúas etc.) para fomentar o uso social do catalán nas que participaron máis de 9500 persoas.

Fonte: Crónica Balear

Illas Baleares

O Concello de Manacor edita unha guía de acollida plurilingüe para os novos habitantes que cheguen ao municipio

A Guia Municipal d'Acollida está dispoñible en cinco idiomas (catalán, castelán, inglés, alemán e árabe) e inclúe información sobre os servizos que ofrece o Concello, así como outros aspectos básicos do municipio.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

O Goberno balear organiza excursións para fomentar o uso da lingua catalá

Estas novas actividades, organizadas ao abeiro da iniciativa «La llengua camina», ten como obxectivo promover o uso do catalán a través de excursións por diferentes lugares do arquipélago ao longo dos meses de abril e maio.

Fonte: Diario Día

Illas Baleares

A Dirección Insular de Política Lingüística de Mallorca concede axudas por valor de 10 000 euros aos xogos de mesa en catalán

Por primeira vez, a convocatoria de axudas á produción editorial e fonográfica en lingua catalá do Consell de Mallorca subvenciona xogos de mesa cunha produción gráfica en soporte de papel, cartolina, cartón, plástico ou similar, cuxa temática estea relacionada cun elemento histórico, cultural ou tradicional da illa e cuxo texto estea exclusivamente en catalán.

Fonte: Última Hora

Illas Baleares

O Goberno balear convoca axudas para o fomento do catalán destinadas a concellos e entidades sen ánimo de lucro

A Dirección Xeral de Política Lingüística destina unha partida de 325 000 euros a axudas para a promoción do uso do catalán, o que supón un aumento do 45 % respecto á convocatoria do ano 2022. Estas axudas están dirixidas a concellos, persoas físicas e entidades sen ánimo de lucro que realicen actividades de fomento desta lingua.  

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

O Concello de Palma presenta un vocabulario catalán-castelán-inglés dirixido a profesionais da restauración

O vocabulario catalán-castelán-inglés Un tallat, per favor recolle máis de 650 termos especializados e ten como obxectivo converterse nunha ferramenta para promover o uso do catalán no sector da restauración.

Fonte: Crónica Balear

Illas Baleares

O Goberno balear e o Instituto de Estudos Cataláns asinan un acordo para fomentar o coñecemento da lingua catalá

Ambas as entidades asinaron un protocolo de colaboración, cunha vixencia de catro anos, que ten como obxectivo promover o coñecemento do catalán e o patrimonio cultural.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

Publícase unha guía de soporte lingüístico orientada a persoas sen coñecementos de catalán

O Goberno balear e o Instituto de Estudos Baleáricos publicaron Català en marxa! Guia de suport lingüístic en un context intercultural, unha guía para docentes que imparten obradoiros de acollida lingüística dirixidos a persoas sen coñecemento ningún do catalán.

Fonte: Govern Illes Balears

Illas Baleares

Segundo un estudo do Goberno balear, o uso exclusivo do catalán é case nulo entre a xente nova

O Grupo de Investigación Sociolingüística das Illas Baleares elaborou este estudo que mostra que nas interaccións entre falantes novos de catalán e de castelán, os primeiros tende a cambiar á lingua dos segundos, o que fai que nestes si se produza unha práctica monolingüe en castelán, pero non á inversa.

Fonte: Nou Diari

Illas Baleares

Organízanse nas Illas Baleares obradoiros e conferencias para promover o hábito de usar o catalán

A Dirección Xeral de Política Lingüística do Goberno balear impulsa conferencias e obradoiros sobre asertividade lingüística nas catro illas, co obxectivo de facer que a poboación reflexione sobre os seus hábitos lingüísticos e animala a usar máis o catalán.

Fonte: Diario de Ibiza

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder