Illas Baleares
Persoal sanitario das Illas Baleares crea un decálogo para fomentar o uso do catalán na sanidade

A plataforma Sanitaris per la Llengua, formada por máis de 300 profesionais do arquipélago balear, presentou un decálogo para fomentar o uso do catalán no ámbito sanitario.
Fonte: Noticias de Salud
Ponse en marcha nas Illas Baleares o servizo de asesoramento lingüístico no ámbito da xustiza

O Instituto de Estudos Baleáricos puxo en marcha este servizo gratuíto no marco da campaña «La justícia, també en català» que ofrece axuda na resolución de dúbidas e consultas sobre o uso da lingua catalá.
Fonte: Gente
As familias baleares poderán escoller a lingua vehicular ata os seis anos de escolarización
A partir do vindeiro curso, as familias poderán escoller a lingua vehicular na primeira escolarización. Así mesmo, desde o curso 2025-26 implantarase o plan piloto para a libre elección de lingua no resto dos cursos.
Fonte: Mallorca Diario
Retómase en Menorca «La llengua camina», unha iniciativa de fomento do catalán a través de excursións
O Instituto de Estudos Baleáricos (IEB) retoma en Menorca a iniciativa «La llengua camina» cuxo obxectivo é fomentar o uso do catalán a través de excursións nas que se crean espazos de socialización para practicar esta lingua.
Fonte: Gente
O Tribunal Constitucional admite a trámite o recurso contra o decreto que elimina o requisito do catalán na sanidade balear
Este recurso de inconstitucionalidade contra el decreto do Goberno do arquipélago que elimina o requisito de catalán da sanidade pública foi promovido pola Obra Cultural Balear e asinado por 50 deputados.
Fonte: Diario de Mallorca
Esixen un plan de choque para fomentar un uso máis amplo do catalán no sistema educativo balear
O STEI Intersindical demándalle á Consellería de Educación e Universidades un plan de choque para promover un maior uso do catalán no sistema educativo, ademais de subliñar a necesidade de colaborar con outras entidades para fomentar esta lingua.
Fonte: Menorca al Día
O Goberno balear e o Tribunal Superior de Xustiza das Illas Baleares impulsarán o uso do catalán no ámbito xudicial

O Goberno balear e o TSXIB queren relanzar a campaña para promover o uso do catalán na Administración de Xustiza, a través da organización de cursos para o persoal, un plan de dinamización lingüística nun partido xudicial ou un servizo de asesoramento lingüístico.
Fonte: Última Hora
O castelán é nas illas Baleares a lingua de uso preferente en todos os ámbitos
Segundo os datos do Censo de Poboación realizado polo INE en 2021, máis da metade da poboación do arquipélago usa sempre o castelán no ámbito familiar, coas amizades e no traballo, uns datos que reflicten os cambios demográficos nas illas debidos á chegada de novos residentes.
Fonte: Última Hora
A organización Plataforma pola Lingua das Illas Baleares controlará a visibilidade do catalán en internet
A organización non gobernamental Plataforma pola Lingua (Plataforma per la Llengua) das Illas Baleares terá agora o obxectivo de controlar a visibilidade do catalán en Google.
Fonte: La Vanguardia
Preséntase un recurso ante o Tribunal Constitucional contra a eliminación do requisito do catalán na sanidade balear
PSOE e Sumar presentaron un recurso, impulsado pola Obra Cultural Balear, ante o Tribunal Constitucional contra o decreto que elimina o requisito do catalán na sanidade.
Fonte: Cadena SER
Boletín
Subscríbase ao boletín