Illas Baleares
A radiotelevisión IB3 aplicaralle un desconto á publicidade en catalán
IB3, a radiotelevisión autonómica das Illas Baleares, cobrará máis barata a publicidade que se faga en catalán, unha iniciativa que ten como obxectivo impulsar a realización de anuncios nesta lingua, principalmente, os destinados ao público máis novo.
Fonte: Diario de Mallorca
Unha mobilización reivindica en Palma o dereito a vivir en catalán
Un centenar de persoas manifestouse en Palma convocadas por Enllaçats per la Llengua, á que se adheriron 17 entidades, polo dereito a vivir en catalán.
Fonte: Última Hora
O Goberno balear convoca axudas para fomentar o uso do catalán no arquipélago
Esta nova convocatoria de axudas para fomentar o uso do catalán conta cunha partida orzamentaria de 325 000 euros, un 45 % máis respecto ao ano anterior. Están destinadas a concellos e persoas físicas e entidades sen ánimo de lucro que leven a cabo actuacións de promoción desta lingua.
Fonte: Crónica Balear
Un total de 370 persoas empregou ata o momento o novo Servizo de Dinamización Lingüística do Concello de Palma
O Servizo de Dinamización Lingüística creouse en xullo de 2020, en plena pandemia, co que iniciou o seu funcionamento un ano despois. Ata o momento alcanzou os 370 usuarios/as que participaron de diferentes actividades como obradoiros, clubs de lectura, vistas guiadas etc.
Fonte: Diario de Mallorca
O Goberno das Illas Baleares lanza unha convocatoria de axudas destinada aos medios de comunicación en catalán
A convocatoria de axudas para os medios de comunicación en catalán deste ano, destinada a asegurar a continuidade e a estabilidade dos medios que empregan esta lingua, así como promover a súa presenza neste sector, incrementou a súa partida orzamentaria ata os 700 000 euros.
Fonte: Govern Illes Balears
Alumnado dun obradoiro de rap en Manacor recupera palabras en desuso da lingua catalá
O alumnado do obradoiro de rap organizado pola Escola de Mallorquí de Manacor realizou seis vídeos nos que recuperan palabras en desuso do catalán.
Fonte: Última Hora
O Parlamento balear aproba unha iniciativa para reclamar que o novo DNI europeo inclúa o catalán
O Parlamento balear aprobou unha iniciativa para reclamarlle ao Goberno español a inclusión do catalán no novo modelo de DNI electrónico europeo, un documento que non incorpora tampouco o galego nin o éuscaro, pero si o inglés, que non é oficial en España.
Fonte: Diario de Mallorca
O Goberno balear mantén o catalán como lingua vehicular na lei educativa
O Executivo balear rectifica e retira o recoñecemento do castelán como lingua vehicular. Así, mantense todo practicamente como ata agora, con autonomía dos centros educativos para detallar o seu proxecto lingüístico.
Fonte: Cadena SER
O Goberno balear e o Instituto Ramon Llull reúnense para explorar novas vías de colaboración para o impulso da lingua catalá
Representantes de Política Lingüística e do Instituto Ramon Llull reuníronse para comentar as actuacións en materia de lingua que se levan a cabo no marco da participación do Goberno balear neste organismo, así como para abordar novas liñas de traballo no fomento do catalán.
Fonte: Govern Illes Balears
O Consello Social da Lingua Catalá fará un seguimento da aplicación das súas recomendacións
Na sesión plenaria deste órgano aprobáronse os documentos elaborados polo Relatorio de Actitudes Lingüísticas e polo Relatorio de Revisión. Así mesmo, aprobouse unha declaración institucional para que os poderes públicos asuman a normalización do catalán como un compromiso prioritario.
Fonte: Govern Illes Balears
Boletín
Subscríbase ao boletín