Illas Baleares
O Goberno balear organiza un concurso para youtubers en catalán

O Goberno balear, en colaboración cos concellos do arquipélago, puxo en marcha un concurso para mozas e mozos youtubers en catalán co obxectivo de crear e difundir contidos audiovisuais nesta lingua.
Fonte: Diario de Mallorca
O Goberno balear investiga varios casos recentes de discriminación lingüística denunciados nas redes sociais
O Goberno balear, a través da Oficina de Defensa de Dereitos Lingüísticos, está a investigar varios casos de discriminación lingüística denunciados nas redes sociais.
Fonte: Última Hora
O Consell de Mallorca convoca unha liña de subvencións destinada a editar libros e discos en catalán
O Consell de Mallorca destinará 300 000 euros a axudas para a edición de libros e fonogramas en catalán co obxectivo de incrementar o coñecemento e a presenza social desta lingua, así como apoiar a industria editorial e discográfica da illa.
Fonte: Crónica Balear
O Consell de Menorca convoca axudas destinadas ao fomento do catalán en empresas e asociacións
O Consell de Menorca, co obxectivo de impulsar o uso do catalán en empresas, asociacións e entidades deportivas da illa, destinará 40.000 euros en 2021 a apoiar a edición de libros, música e vídeos nesta lingua, así como a rotulación dos establecementos, a etiquetaxe ou as páxinas web.
Fonte: Menorca.Info
O Parlamento balear impulsará o uso da lingua de signos na Cámara
A Cámara comprométese, coa aprobación dunha proposición non de lei, a interpretar en lingua de signos todo o que sexa de acceso público a través da web ou doutras canles de comunicación visual.
Fonte: 20minutos
O Parlamento balear solicita un aumento das horas de emisión en catalán en TVE

O Parlamento balear insta o Goberno estatal e RTVE a ampliar as desconexións territoriais e a que se emita no arquipélago toda a programación en catalán que agora está restrinxida a Cataluña.
Fonte: 20minutos
Responsables da política lingüística do Goberno balear e dos consellos insulares reúnense para coordinar proxectos de fomento do catalán
A reunión mantida entre os máximos responsables das áreas de política lingüística do Goberno balear e dos consellos insulares serviu para coordinar proxectos de fomento da lingua, como campañas dirixidas á mocidade, liñas de subvencións, formación etc.
Fonte: 20minutos
O Departamento de Cultura, Patrimonio e Política Lingüística de Mallorca repartirá axudas entre empresas e entidades que fomenten o catalán
Destinaranse 150 000 euros en axudas a empresas e entidades que impulsen o uso do catalán. En concreto subvencionaranse accións como etiquetaxe, carteis, merchandaxe, páxinas web etc.
Fonte: Diario de Mallorca
O Parlamento balear aproba unha proposición non de lei que recoñece a unidade da lingua catalá
A proposición non de lei, presentada por Més per Menorca, recoñece a unidade do catalán, sen que isto supoña un menosprezo doutras denominacións existentes para esta lingua.
Fonte: Mallorca Diario
O Concello de Palma presenta o seu Servizo de Dinamización Lingüística

O Servizo de Dinamización Lingüística do Concello de Palma conta con dúas dinamizadoras socioculturais e unha coordinadora, e dispón dun orzamento de 120 000 euros. Con este proxecto búscase garantir o dereito da cidadanía de coñecer a lingua catalá e impulsar o seu uso.
Fonte: Última Hora
Boletín
Subscríbase ao boletín