Illas Baleares
O Consell de Mallorca convoca axudas á produción editorial e fonográfica en catalán
En total destinará 292 176,29 euros á convocatoria de axudas á produción editorial e fonográfica catalán, dos que 240 102,03 euros corresponden a libros e 52 074,26 corresponden obras fonográficas.
Fonte: Diario de Mallorca
O Aeroporto de Palma carece de copias en catalán dos formularios para os pasaxeiros

O Aeroporto de Son Sant Joan foi acusado de falta de sensibilidade coas persoas que teñen o catalán como lingua inicial, xa que non dispón de copias neste idioma dos formularios que os pasaxeiros deben cubrir.
Fonte: Última Hora
O Goberno balear subvenciona os medios de comunicación en catalán

O Goberno balear destinará un total de 575 000 euros a subvencionar medios de comunicación en catalán do arquipélago. Estas axudas teñen como obxectivo impulsar a presenza desta lingua na prensa, as publicacións especializadas, a radio e a televisión, así como garantir o dereito da cidadanía a recibir información en catalán.
Fonte: Crónica Balear
O Concello de Palma de Mallorca crea un servizo de dinamización lingüística

Este novo servizo de dinamización lingüística, de carácter temporal, terá un custo anual de 95 000 euros. Está previsto que poña en marcha catro programas co obxectivo lograr un maior uso social do catalán: sociocultural, escolar, intercultural e un destinado a comercios e empresas.
Fonte: Diario de Mallorca
O Goberno balear convoca axudas destinadas a actuacións de fomento do uso do catalán
A Dirección Xeral de Política Lingüística convocou unha liña de axudas, das que se poden beneficiar concellos e entidades sen ánimo de lucro, destinadas a actuacións para impulsar o emprego da lingua catalá por un importe de 225 000 euros.
Fonte: Nou Diari
O Goberno balear convoca axudas para os medios de comunicación en catalán
Esta convocatoria anual de axudas por valor de 575 000 euros está destinada aos medios de comunicación en catalán e ten como obxectivo impulsar a presenza desta lingua nos medios do arquipélago.
Fonte: UH Noticias
O Goberno balear publica unha base de datos de discos en catalán
A Dirección Xeral de Política Lingüística presentou unha base de datos de discos en catalán editados no arquipélago balear entre setembro de 2018 e marzo de 2020. O obxectivo desta iniciativa é impulsar a contratación de artistas que cantan nesta lingua, así como divulgar a oferta cultural neste idioma.
Fonte: La Vanguardia
Piden o uso de topónimos en catalán nas denominacións de orixe eivisencas
O Institut d’Estudis Eivissencs (IEE) demanda a utilización do nome en catalán dos topónimos e os alimentos nas denominacións de orixe, xa que nas campañas destes produtos postas en marcha polo Goberno da illa non sempre se fai.
Fonte: Periódico de Ibiza
Piden que a Oficina de Defensa dos Dereitos Lingüísticos das Baleares asuma tamén a defensa e a promoción da lingua signos
Unidas Podemos rexistrou unha proposición non de lei para instar o Goberno balear a garantir que a futura Oficina de Defensa dos Dereitos Lingüísticos fomente e defenda a lingua de signos.
Fonte: 20minutos
A Universidade das Illas Baleares ofrecerá o vindeiro curso un mestrado en competencia lingüística e literaria
O Goberno balear autorizou un novo mestrado para que imparta a Universidade das Illas Baleares o vindeiro curso 2020-2021 sobre competencia lingüística e literaria, investigación e ensino.
Fonte: 20minutos
Boletín
Subscríbase ao boletín