Illas Baleares
O conselleiro de Saúde e Consumo balear afirma que o catalán non supón un obstáculo para os médicos
O conselleiro de Saúde e Consumo balear, Vicenç Thomàs, respondeu ás críticas efectuadas polo PP en torno ao Decreto do catalán na sanidade, ao asegurar "non crer" que os especialistas e médicos "marchen" de Baleares "pola lingua".
Fonte: Europa Press
O Goberno balear recalca que o Plan de normalización lingüística se aprobou por unanimidade
O Goberno balear manifestou, tras coñecer que o PP presentou unha emenda á totalidade ao Plan de normalización lingüística elaborado polo Goberno de Baleares, que este foi aprobado por unanimidade e desde o "acordo de todos os grupos".
Fonte: Europa Press
As subvencións do Consell de Mallorca para o fomento do catalán ascenden a 400.000 euros
A convocatoria de subvencións do Consell de Mallorca de 2009 destinadas á normalización lingüística de empresas privadas, concellos e entidades sen ánimo de lucro ascende este ano a 400.000 euros.
Fonte: Soitu
O Goberno balear aproba o decreto que regula o catalán na Sanidade
O Consello de Goberno das Baleares aprobou o decreto que regulará o coñecemento do catalán no ámbito sanitario, pese á forte polémica que rodea esta normativa.
Fonte: Diario de Mallorca
Unha enquisa do Goberno balear afirma que o 3,5 % do persoal sanitario de Mallorca non entende o catalán
Unha enquisa revelada polo Goberno balear pon de manifesto que tan só o 3,5% do persoal sanitario de Mallorca non comprende o catalán cando o interpelan directamente nesta lingua.
Fonte: Diario de Mallorca
O PP critica o plan de normalización lingüística balear porque limita o uso do castelán no ámbito deportivo
O PP criticou o Goberno balear por elaborar un plan de normalización lingüística que ten como obxectivo "evitar o bilingüismo" no sector deportivo das Ilas, e "impón a calquera entidade deportiva a dispoñer toda a súa documentación en catalán".
Fonte: Europa Press
Apróbase o Plan de normalización lingüística de Baleares
O pleno do Consello Social da Lingua Catalá aprobou sen ningún voto en contra o Plan de normalización lingüística, unha guía para a promoción social do uso do catalán que non implicará imposición ningunha no ámbito privado alleo ás Administracións da Comunidade, segundo destacou a conselleira de Educación e Cultura, Bárbara Galmés.
Fonte: Diario de Mallorca
O Servizo de Intérpretes de Lingua de Signos de Baleares atendeu 284 usuarios en 2008, case un 50 % máis que en 2005
O Servizo de Intérpretes de Lingua de Signos de Baleares atendeu durante o pasado ano un total de 284 usuarios, que solicitaron na súa maior parte axuda nos trámites médicos, cifra que supón preto dun 50 por cento máis de persoas atendidas desde que o servizo se creou en 2005.
Fonte: Europa Press
A Obra Cultural Balear e IB3 producirán programas conxuntamente para fomentar a normalización da lingua catalá
A Obra Cultural Balear (OCB) e IB3 producirán proximamente programas dunha maneira conxunta co obxectivo de favorecer a normalización da lingua catalá no arquipélago balear.
Fonte: Europa Press
A Dirección Xeral de Política Lingüística de Baleares convoca axudas de ata 140.000 euros para a prensa escrita en catalán
A Dirección Xeral de Política Lingüística das Illas Baleares publicou no Boletín Oficial de Baleares (BOIB) a convocatoria para conceder axudas destinadas á prensa escrita integramente en catalán.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín