Illas Baleares
Cerca de 400 mozos e mozas maniféstanse en Palma para "defender" a lingua catalá
Cerca de 400 mozos e mozas manifestáronse polas rúas de Palma, en relación coa concentración convocada por Joves de Mallorca per la Llengua, SEPC e Maulets, baixo o lema 'El jovent en defensa de la llengua' (A mocidade en defensa da lingua).
Fonte: Europa Press
O Goberno balear reclama que a lingua catalá sexa recoñecida no Parlamento Europeo

A conselleira balear de Comercio, Industria e Enerxía, Francesca Vives, fixo fincapé na necesidade de que a lingua catalá sexa "recoñecida oficialmente" no Parlamento Europeo, de maneira que os eurodeputados das illas poidan falar "na súa lingua propia".
Fonte: Europa Press
Miles de persoas fan unha cadea humana en Palma para reivindicar a lingua catalá
As rúas da capital balear enchéronse de persoas de todas as idades para participar na cadea humana organizada pola Obra Cultural Balear (OCB) co obxectivo de promover os dereitos lingüísticos da lingua catalá e conseguir a súa normalización.
Fonte: Europa Press
A Cámara balear rexeita que o catalán sexa considerado só un mérito en procesos selectivos de persoal sanitario
O Parlamento balear rexeitou unha Proposición non de lei do PP na que pedía que o coñecemento do catalán sexa considerado como un mérito e non como un requisito en todos os procedementos selectivos de persoal no Servizo Público de Saúde.
Fonte: Europa Press
O Concello de Palma implantará a lingua de signos en todos os seus actos institucionais
A lingua de signos estará presente no debate do Estado da Cidade e nos plenos do Consistorio palmesano, así como nos principais actos institucionais, ademais de ser incorporada, tamén, na publicidade audiovisual institucional e na páxina web.
Fonte: Europa Press
Miles de persoas maniféstanse en Palma de Mallorca contra a "imposición" do catalán
Miles de persoas (entre 25.000 e 30.000, segundo cifras do Círculo Balear) pertencentes a máis dunha vintena de organizacións políticas, económicas e sociais manifestáronse en Palma de Mallorca en contra da "imposición" do catalán na educación, a sanidade e a administración pública de Baleares e en defensa da liberdade lingüística e da libre elección do idioma nos colexios.
Fonte: Europa Press
Só o 35 % dos policías nacionais de Baleares presenta un coñecemento "suficiente" de catalán
O persoal da Administración Xeral do Estado en Baleares con capacitación para atender o cidadán en lingua catalá presenta altas porcentaxes, agás o caso da Xefatura Superior de Policía, que conta aproximadamente cun 35 % de efectivos con nocións "suficientes".
Fonte: Europa Press
A Consellería de Cultura balear reparte carteis en catalán a bares e restaurantes
A directora xeral de Política Lingüística do Goberno balear, Margalida Tous, e o conselleiro insular de Cultura, Marià Torres, subscribiron un novo acordo a través do que o Consello eivisenco recibirá 60.000 euros para distintas actuacións en materia de normalización lingüística.
Fonte: Diario de Ibiza
Un 77,2 % dos exames da Selectividade respóndese en catalán nas Illas Baleares
O catalán volveu aumentar nas Baleares como lingua empregada para responder os exames da Selectividade. Un 77,2 % das probas realizadas no pasado mes de xuño respondeuse nesta lingua, feito que supón un incremento do 0,4 % respecto do ano pasado, cando foi un 76,8 %.
Fonte: DBalears
A Dirección de Política Lingüística do Goberno balear presenta unha campaña de promoción do catalán na restauración
A directora xeral de Política Lingüística do Goberno balear, Margalida Tous, presentou en Menorca a campaña "Ara és la teva. Atén en català" (Agora é a túa. Atende en catalán), que pretende promover a lingua catalá no sector da restauración.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín