Illas Baleares

O Goberno balear aproba o decreto de avaliación e certificación de coñecementos do catalán

O novo Decreto de avaliación e certificación de coñecementos de lingua catalá ten como obxectivo adaptar a normativa vixente á estrutura actual da Administración balear e actualizar os contidos de cada nivel.

Fonte: 20minutos

Illas Baleares

Unha canción reivindica o uso do catalán en Mallorca

O Goberno de Mallorca impulsou a gravación dun tema musical baixo o título «Som molts!» («Somos moitos!»), co obxectivo de reivindicar o uso do catalán entre a poboación da illa.  

Fonte: ABC

Illas Baleares

Segundo unha enquisa, o 80 % da mocidade das Baleares sabe falar catalán, aínda que só a metade usa esta lingua habitualmente

Segundo a Enquisa de usos lingüísticos EULIB2014, oito de cada dez mozos/as do arquipélago saben falar e escribir en catalán, malia que a porcentaxe dos que o falan asiduamente descende ata o 50 % e dos que o identifican como a súa lingua de uso habitual diminúe ata un 34,5 %.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

O Goberno balear prolongará a distribución do sinal de canles en catalán

O Goberno balear vai destinar 4,2 millóns de euros á prolongación da distribución do sinal da radiotelevisión pública IB3 e dalgunhas canles de radio e televisión de Cataluña. Trátase dunha iniciativa que ten como obxectivo impulsar o uso do catalán e garantir unha maior pluralidade informativa.

Fonte: Noudiari

Illas Baleares

A axencia de noticias Europa Press pon en marcha en Baleares un servizo de noticias en catalán

O novo servizo de noticias para as illas Baleares ofrecerá a actualidade diaria das illas en catalán e tratará todo tipo de temas. A difusión realizarase a través dunha páxina web específica e potenciarase mediante un perfil propio en Twitter.

Fonte: Mallorca Diario

Illas Baleares

Ponse en marcha en Mallorca unha iniciativa para fomentar o cine en catalán

Cinemacat é unha iniciativa que ten como obxectivo promover o cine en catalán en Mallorca e que pretende ser o inicio dunha futura programación estable que comezará en Palma para logo estenderse a outras localidades. Grazas a este proxecto ofreceranse proxeccións de películas en versión orixinal en catalán ou subtituladas nesta lingua. 

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

A Central Sindical Independente e de Funcionarios recorre o decreto que regula o requisito do catalán na sanidade balear

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) interpuxo un recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Baleares contra a norma que regula o requisito do catalán para o persoal do Servizo de Saúde do arquipélago, xa que para este sindicato a lingua debe ser un mérito que non reste valor á calidade da asistencia sanitaria.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

A Dirección Xeral de Política Lingüística do Goberno balear repartirá 46 000 cuadrípticos con vocabulario deportivo en catalán

Estes folletos informativos inclúen vocabulario en catalán de atletismo, baloncesto, ciclismo, fútbol, ximnasia, balonmán, montañismo e natación. Cada deporte vai acompañado da súa definición e un pouco da súa historia, así como unha recompilación dos principais termos relacionados con el e unha ilustración da superficie de xogo coa terminoloxía específica.

Fonte: 20 minutos

Illas Baleares

O Goberno central retira o seu recurso contra o decreto do catalán na Sanidade das Illas Baleares

O Goberno español retirou o recurso contencioso-administrativo interposto contra o decreto do Executivo balear que regula a capacitación lingüística do persoal do Servizo de Saúde do arquipélago.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

O Goberno balear aproba un decreto sobre a utilización das linguas oficiais na Administración pública

O Goberno das illas Baleares aprobou o Decreto sobre o uso das linguas oficiais na Administración pública balear que ten como obxectivo regular os usos institucionais e administrativos do castelán e o catalán no arquipélago.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder