Illas Baleares
Empresas e entidades sen ánimo de lucro das Baleares reciben axudas para o fomento do catalán

A Dirección Insular de Política Lingüística concedeulles axudas para impulsar o uso do catalán a un total de 33 empresas, ás que se destinaron 136.450 euros, e a 18 entidades sen ánimo de lucro, que se repartirán 102.491 euros. O obxectivo desta convocatoria é ampliar a presenza desta lingua na illa de Mallorca.
Fonte: La Vanguardia
O Goberno balear aumentará as axudas a medios de comunicación que fomenten o catalán

A Consellería de Cultura ampliará en 2019 as axudas destinadas a medios de comunicación que fomenten o catalán, a través de máis liñas e maior flexibilidade para que un maior número de medios resulte beneficiado.
Fonte: La Vanguardia
O Concello mallorquino de Valldemossa pon en marcha unha campaña para promover o catalán entre a poboación foránea

O Concello de Valldemossa puxo en marcha unha campaña para fomentar o uso do catalán entra a poboación foránea, que consiste en gravar 10 vídeos de persoas de orixe diversa que aprenderon esta lingua e que se integraron na sociedade mallorquina, converténdose así en referentes para os novos habitantes que chegan ao municipio.
Fonte: Diario de Mallorca
Os proxectos beneficiarios das axudas para o fomento do catalán nas illas Baleares increméntanse un 29%

Un total de 40 proxectos saíron beneficiados das axudas para actividades de fomento da lingua catalá que convoca o Goberno balear, cifra que supón un incremento do 29 % con respecto a 2017, cando de subvencionaron 31.
Fonte: La Vanguardia
Créase unha nova aplicación móbil para promover o uso do catalán coa formación de parellas lingüísticas

A Plataforma per la Llengua presentou Apparella't, unha nova aplicación coa que crear parellas lingüísticas que estarán formadas por un voluntario que fale catalán fluído e un aprendiz que quere perfeccionar esta lingua.
Fonte: Cadena Ser
O Concello de Palma celebra un concerto de sensibilización sobre o uso do catalán
O concerto 'Una besada para la llengua' ten como obxectivo sensibilizar a cidadanía no emprego do catalán. Nel actuarán varios grupos, entre eles Brams, unha banda de rock que mostra nas súas letras o seu compromiso con esta lingua.
Fonte: 20 minutos
A organización Obra Cultural Balear pon en marcha mobilizacións populares para recuperar o catalán

A Obra Cultural Balear reuniu a Rede Territorial pola Lingua para preparar as mobilizacións a prol da recuperación do catalán no arquipélago. Así mesmo, a reunión serviu para coordinar as actividades que van realizar e preparar dúas campañas: unha no ámbito da lingua e outra no da cohesión social.
Fonte: UH Noticias
Preséntase o Plan de dinamización lingüística de Menorca
Este novo Plan de dinamización lingüística pretende que se consolide o proceso de normalización do catalán na illa de Menorca. Supón ademais unha adaptación do anterior plan á situación actual desta lingua e aos cambios que sufriu a sociedade menorquina.
Fonte: Menorca
O Consello de Mallorca convoca a X edición dos Premios Mallorca de Creación Literaria en catalán
Xa se convocou a X edición dos Premios Mallorca de Creación Literaria nas modalidades de Narrativa, Poesía e Ensaio en lingua catalá. A dotación económica destes galardóns en cada categoría ascende a 35 000, 25 000 e 30 000 euros respectivamente.
Fonte: MallorcaDiario
Convócanse cursos de catalán para o persoal do Servizo de Saúde das Illas Baleares
O Servizo de Saúde das Illas Baleares, xunto co Instituto de Estudos Baleares, organiza cursos gratuítos de catalán para o seu cadro de persoal. Estes cursos comezarán o 8 de outubro e rematarán a semana do 25 de xaneiro e impartiranse nos hospitais públicos.
Fonte: Salud Ediciones
Boletín
Subscríbase ao boletín