Illas Baleares
O Consorcio para o Fomento da Lingua Catalá organiza desde outubro cen cursos de catalán
O Consorcio para o Fomento da Lingua Catalá (COFUC) abriu a matrícula para a inscrición nos cursos de catalán da convocatoria outubro 2009 - febreiro 2010, un total de cen, dirixidos a persoas maiores de 16 anos.
Fonte: Europa Press
Menorca é a illa con menor presenza do catalán na educación primaria
O Anuari de l'Educació de les Illes Balears que cada ano elabora a Universidade das Illas Baleares e Caixa Pollença sinala a educación primaria como o talón de Aquiles da integración da lingua catalá na illa.
Fonte: Última Hora
Unha asociación balear de defensa da lingua catalá súmase á campaña para poder ver TV3 na Comunidade Valenciana
A asociación Joves de Mallorca per la Llengua sumouse á campaña promovida pola plataforma Televisión sen fronteiras, entidade que xurdiu como resposta ao peche por parte da Generalitat Valenciana dos repetidores que Acción Cultural do País Valenciano puxo para que se vise TV3 nesa comunidade.
Fonte: Europa Press
A metade dos estudantes da Universidade das Illas Baleares non entende o inglés
Un dos retos da universidade española para poñerse á altura do resto do continente e ser competitiva é lograr que os seus alumnos saiban inglés, algo que en España fallou desde sempre. Na Universidade das Illas Baleares, máis da metade dos estudantes –un 64 %– asegura que non entende este idioma.
Fonte: Diario de Ibiza
Máis de seiscentos sanitarios de Baleares realizaron cursos de catalán para adaptarse ás esixencias do novo decreto
Un total de 632 traballadores sanitarios das illas realizou durante o 2009 algún curso de catalán para adecuarse, así, ás esixencias solicitadas polo Goberno balear no novo decreto que obriga os traballadores a acreditar o nivel B, medida que ocasionou unha gran contestación por parte do sector.
Fonte: Diario de Mallorca
A Universidade das Illas Baleares descarta esixir o catalán aos docentes como farán as universidades de Cataluña
A Generalitat de Catalunya traballa nun proxecto de decreto polo que se esixirá o nivel C de lingua catalá a todos os que queiran traballar de profesor nas universidades de Cataluña. A Universidade das Illas Baleares (UIB) non esixe actualmente requisito ningún neste sentido e non ten previsto incorporalo polo menos «a curto prazo».
Fonte: Diario de Ibiza
O Correllengua percorrerá todas as poboacións da illa de Mallorca a partir do 17 de abril
Joves de Mallorca per la Llengua presentaron o xa tradicional Correllengua, que a partir do sábado día 17 de abril comezará a percorrer todas as poboacións da illa.
Fonte: Diario de Mallorca
O Parlamento balear normaliza o uso do catalán nos ámbitos da sanidade privada, o deporte e o sector empresarial
A Comisión de Educación e Cultura do Parlamento balear aprobou tres proposicións non de lei que permitirán a aplicación da Lei de normalización lingüística nos ámbitos deportivo, sanitario privado e empresarial.
Fonte: Europa Press
A Obra Cultural Balear presentaralles ás institucións un plan de fomento do catalán
A Obra Cultural Balear (OCB) pedirá reunirse cos responsables de política lingüística, cos presidentes de todas as institucións das Illas Baleares e cos alcaldes de Mallorca para presentarlles o seu plan para fomentar o uso do catalán durante o último ano de lexislatura.
Fonte: ABC
O Goberno de Baleares edita unha guía para profesionais sanitarios de catalán básico
O Consorcio para o Fomento da Lingua Catalá (COFUC) e o Servizo de Saúde balear editaron unha guía básica de conversación sanitaria en catalán para os profesionais residentes que non coñecen o idioma autóctono das illas.
Fonte: ABC
Boletín
Subscríbase ao boletín