Illas Baleares
O 41,3 % dos alumnos de Eivisa e Formentera non fala catalán fóra do colexio
O 41,3 por cento dos alumnos de cuarto curso de Primaria de Eivisa e Formentera non utiliza para nada o catalán fóra do colexio, segundo detalla o informe do Instituto de Avaliación de Calidade do Sistema Educativo, organismo dependente da Consellería balear de Educación.
Fonte: Diario de Ibiza
Arredor de 50 000 alumnos de Baleares poderán escoller a primeira lingua de ensino durante o próximo curso
Arredor de 50 000 alumnos do segundo ciclo de Infantil -3,4 e 5 anos- e primeiro ciclo de Primaria -6 e 7 anos- terán a posibilidade de escoller a primeira lingua do seu ensino durante o próximo curso escolar 2012-2013.
Fonte: Europa Press
Só un 7 % dos pais da escola pública de Baleares escolle o castelán como lingua de primeiro ensino
Só un 7 % dos pais e nais da escola pública escolle o castelán como lingua de primeiro ensino para os seus fillos, fronte ao 78,3 % que optou polo catalán, segundo a media da mostra de máis de 100 centros de Baleares.
Fonte: Europa Press
Un grupo de mallorquinos de adopción asina un manifesto a favor da lingua catalá
Unha vintena de mallorquinos de adopción asinaron un manifesto a favor da lingua propia das Illas Baleares, e presentaron o escrito no rexistro de entrada do Parlamento, dirixido a todos os grupos políticos.
Fonte: Mallorca Confidencial
Un 87 % dos pais escolleu o catalán como primeira opción para os seus fillos no próximo curso escolar en Baleares
Un 87 por cento dos pais escolleu o catalán como primeira opción de lingua para os seus fillos no próximo curso escolar en Baleares, fronte ao 13 por cento que escolleu o castelán.
Fonte: Europa Press
O Parlamento balear vota a lei pola que o catalán pasa a ser mérito e non requisito para traballar na Administración
O Parlamento balear debaterá e votará a normativa pola que o catalán pasa a ser mérito, e non requisito –como agora- para acceder a determinados empregos da Administración.
Fonte: Diario de Mallorca
Denuncian en Europa o ‘acoso institucional’ ao catalán en Baleares
Dous representantes de organizacións de profesores de Baleares denunciaron ante o intergrupo de minorías do Parlamento Europeo (PE) o "acoso institucional” do Goberno das Illas Baleares ao catalán.
Fonte: Diario de Mallorca
O Parlamento balear elimina o requisito de saber catalán para traballar na función pública
A Comisión de Asuntos institucionais do Parlamento balear aprobou a modificación da Lei de función pública, que elimina o requisito de coñecemento do catalán para traballar na Administración pública, para convertelo nun mérito.
Fonte: Europa Press
As novas oficinas de turismo de Mallorca ofrecerán información en chinés, ruso e portugués
Os visitantes que falen chinés, ruso ou portugués poderán recibir información das oficinas turísticas de Mallorca no seu idioma. A partir do próximo día 1 de agosto será factible porque a empresa que xestionará as oficinas de información turística incluíu como “mellora” a dispoñibilidade permanente de tradutores nos anteriores idiomas.
Fonte: Diario de Mallorca
Un colectivo de Mallorca informa os turistas da situación “precaria” do catalán
Os voluntarios da entidade Joves de Mallorca per la Llengua levaron a cabo un acto reivindicativo fronte á Catedral de Palma que consistiu en informar os turistas cal é a lingua propia de Mallorca e a “situación precaria” que padece.
Fonte: ABC
Boletín
Subscríbase ao boletín