Illas Baleares
Imparten cursos gratuítos de lingua rusa en Mallorca debido á gran demanda do sector turístico
A moda do ruso segue en expansión. E agora é a asociación cultural Libuya a que abre as súas portas a todos os que queiran aprender o idioma que tanto demandan as empresas de servizos e o sector turístico.
Fonte: Diario de Mallorca
O Concello de Eivisa aumenta os obradoiros de lingua catalá debido ao incremento de inscricións
O Concello de Eivisa, a través do departamento de Normalización Lingüística, viuse obrigado a aumentar a oferta dos obradoiros de Lingua Catalá para Primaria do curso 2013/2014 debido ao incremento no número de inscricións este ano.
Fonte: Nou Diari
O Goberno balear publica unha recompilación das modalidades lingüísticas das illas
A edición deste libro, elaborado polos servizos técnicos do Instituto de Estudos Baleáricos, ten como obxectivo ofrecerlles aos cidadáns e aos diferentes organismos das illas Baleares, unha ferramenta que lles permita consultar facilmente as peculiaridades da fala de cada unha das illas que contan co visto e prace da normativa.
Fonte: Mallorca Confidencial
O Tribunal Superior de Xustiza de Baleares dita que a elección de lingua só é posible na primeira matrícula
O Tribunal Superior de Xustiza de Baleares ditou que a libre elección de lingua vehicular no ensino só é posible ao realizar a primeira matrícula en educación infantil ou o primeiro ciclo de primaria, cando o alumno non estivese matriculado antes.
Fonte: Diario de Ibiza
Nace unha asociación que reivindica o recoñecemento oficial do menorquino
Protexer, preservar e dignificar as modalidades insulares da lingua e lograr o seu recoñecemento oficial. Este é o obxectivo principal da recentemente fundada asociación Foment Cultural de ses Illes Balears (Fomento Cultural das Illas Baleares).
Fonte: Menorca.info
Antes do Tratamento Integrado de Linguas, sete de cada dez alumnos en Baleares recibían todas as materias en catalán
Antes de que comezara a aplicarse este proxecto trilingüista, sete de cada dez alumnos (69,5 %) recibían todo o ensino en catalán, menos a materia de lingua castelá, mentres que un 29 % asistía a centros cun ensino bilingüe respecto ás dúas linguas oficiais. Case un 1 % do alumnado, pola súa parte, asistía a todas as clases en castelán, con excepción da área de lingua catalá.
Fonte: Diario de Mallorca
O Goberno balear estuda eliminar a obriga de rotular os comercios en catalán
O Goberno balear dixo que ten sobre a mesa a posibilidade de eliminar a obriga a establecementos de rotular en catalán, aínda que se trata dunha materia que aínda non está pechada.
Fonte: Menorca.info
Os institutos baleares denuncian que a nova lei de linguas non mellora o nivel de inglés
A Asociación de Directores de Centros de Secundaria das Pitiusas (Adespi) denuncia que tras a posta en marcha do decreto de tratamento integrado de linguas(TIL) «non se detectou ningunha mellora na materia de inglés».
Fonte: Diario de Ibiza
Baleares é a única comunidade con máis libros editados en lingua cooficial que en castelán no ano 2013
Baleares foi a única comunidade autónoma que en 2013 editou máis libros e folletos nunha lingua cooficial autonómica (catalán), que en castelán, segundo a Estatística de Produción Editorial correspondente a 2013 e que publicou o Instituto Nacional de Estatística.
Fonte: Diario de Mallorca
A radiotelevisión balear reducirá o uso do catalán estándar nos seus informativos
O Parlamento balear aprobou a proposta de mandato marco da radiotelevisión autonómica, IB3, que entre outras disposicións permite que os informativos poidan utilizar as modalidades lingüísticas propias que se falan en Mallorca, en Menorca, en Eivisa e en Formentera, en lugar de unicamente o catalán estándar que se viña empregando ata agora.
Fonte: ABC
Boletín
Subscríbase ao boletín