Illas Baleares

O Consello de Menorca convoca axudas para fomentar o emprego do catalán

O obxectivo destas axudas é situar o catalán como lingua habitual de traballo e de atención ao público nas actividades sociais, económicas e deportivas. O montante total das axudas será de 10 000 euros.

Fonte: Menorca.info

Illas Baleares

Presentan unha proposición de lei no Parlamento balear para que a radiotelevisión autonómica IB3 promova o catalán

O partido político Més per Menorca presentou unha proposición de lei para que a radiotelevisión autonómica IB3 sexa un organismo normalizador da lingua catalá.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

O cómic e a literatura de Baleares formarán parte da Feira do Libro de Frankfurt

O Instituto de Estudios Baleares promoverá a literatura e a lingua catalá nun espazo compartido xunto co Instituto Ramon Llull na Feira do Libro de Frankfurt.

Fonte: Última Hora

Illas Baleares

A Consellería de Cultura balear participará con propostas culturais e lingüísticas na Universidade Catalá de Verán

O organismo de cultura das illas Baleares colaborará nesta edición da Universidade Catalá de Verán coa proxección dun documental sobre normalización lingüística en Baleares e coa participación en diversos debates.

Fonte: 20 minutos

Illas Baleares

O novo director de informativos da radiotelevisión das illas Baleares terá que saber catalán

Malia que a convocatoria para ocupar o posto de xefe de informativos de IB3 non esixe como requisito o coñecemento do catalán, o director xeral desta canle afirma que si deberá ser competente nesta lingua.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

O Goberno balear subvencionará a prensa local e a especializada en catalán

O Goberno das illas baleares destinará axudas por un valor de 175 000 euros a proxectos da prensa local e a prensa especializada escritos en catalán.

Fonte: Diari de Balears

Illas Baleares

O Goberno balear convoca un premio á mellor campaña publicitaria en lingua catalá

Para a concesión do premio, que ten unha dotación de 10 000 euros, valoraranse, entre outros aspectos, a base territorial da campaña, a duración, as canles, os soportes de difusión e o emprego exclusivo o non do catalán.

Fonte: Periódico de Ibiza

Illas Baleares

O Concello de Palma establece o catalán como requisito para as contratacións

O Concello de Palma obrigará as empresas contratistas a entregar toda a documentación técnica, polo menos, en catalán e a empregala nos rótulos, publicacións, avisos e outras comunicacións derivadas do contrato.

Fonte: Última Hora

Illas Baleares

O Goberno balear convoca cursos de catalán para nais e pais do alumnado de educación infantil, primaria e secundaria

Estes cursos teñen como obxectivo que pais e nais que non saben catalán adquiran coñecementos básicos desta lingua para comunicarse coas súas fillas e fillos e axudarlles na súa aprendizaxe.

Fonte: ABC

Illas Baleares

O Goberno balear convoca axudas para impulsar actividades que fomenten o uso social do catalán

Esta convocatoria destina un total de 200 000 euros a subvencións para o desenvolvemento de actividades que axuden á difusión e o fomento do uso social do catalán entre a cidadanía do arquipélago.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder