Navarra
Navarra regula a valoración de méritos lingüísticos na Administración con criterios específicos por convocatoria

O Goberno de Navarra aprobou un novo decreto foral que regula a valoración dos méritos lingüísticos no acceso a postos na Administración. Así, a análise individual de cada convocatoria determinará a relevancia do éuscaro e de linguas comunitarias. O decreto amplía a posibilidade de valorar o éuscaro Zona Mixta só cando estea xustificado polas características do posto, mentres que na Zona non Vascófona non se valorará.
Fonte: Gobierno de Navarra
O programa da cuarta edición do Gora-Gora Fest! Levará actividades culturais en éuscaro a 55 localidades navarras

Euskarabidea, o Instituto Navarro do Éuscaro, organiza o Gora-Gora Fest! 2024, un ciclo cultural que levará nove espectáculos en éuscaro a 55 localidades de Navarra entre novembro e decembro. Este evento, dirixido especialmente a nenos, nenas e familias, inclúe contacontos, teatro, danza e maxia, todos de balde e co propósito de achegar a cultura en éuscaro a zonas onde habitualmente non hai programación nesta lingua.
Fonte: Gobierno de Navarra
UNED Pamplona impartirá clases presenciais de éuscaro por vez primeira
Co obxectivo de fomentar entre o alumnado a aprendizaxe de linguas e adaptada ás súas necesidades, este curso NA UNED Pamplona impartiranse por primeira vez clases presenciais de éuscaro para os niveis A1 e A2.
Fonte: UNED Pamplona
Pamplona acollerá tres sesións dun obradoiro de escritura en éuscaro
Euskal Idazleen Elkartea, en colaboración co Concello de Pamplona, organiza o taller Hitzen Mintegia 2024, centrado na escritura en éuscaro para recitais públicos. Celebrarase en tres sesións os días 28 de setembro, 5 e 19 de outubro, en Condestable, con 15 prazas dispoñibles. O obxectivo é proporcionar ferramentas para a creación literaria e a lectura en público. Na última sesión, haberá un recital aberto onde se presentarán os textos traballados. O taller está dirixido a persoas maiores de 16 anos que falen éuscaro.
Fonte: Pamplona Actual
O Goberno de Navarra lanza unha nova edición da súa campaña de fomento da aprendizaxe do éuscaro

O Goberno de Navarra, a través de Euskarabidea, lanzou a campaña anual «Euskera ahora» para promover o aprendizaxe do euskera entre adultos, que conta coa colaboración de 35 entidades locais e diversos euskaltegis. A campaña, dirixida especialmente á mocidade, destaca as novas oportunidades e vivencias que ofrece o coñecemento desta lingua. A campaña desenvolverase durante setembro con diversas accións promocionais, incluíndo anuncios en redes sociais e medios locais.
Fonte: Gobierno de Navarra
O Concello de Berriozar organiza actividades para fomentar o éuscaro dirixidas á mocidade e ao público adulto

O Concello de Berriozar ofrece diferentes actividades deportivas e culturais en éuscaro co obxectivo de crear as condicións para que a cidadanía poida vivir nesta lingua.
Fonte: Berriozarko Udala
O Goberno de Navarra edita unha publicación para ofrecerlles aos pacientes atención bilingüe

O Servizo Navarro de Saúde presentou unha guía orientativa que leva por título Zeladoreak euskaraz / Celadores en euskera para mellorar a atención en éuscaro e castelán por parte do persoal de celadores e celadoras. A guía, que contén interaccións habituais e un dicionario de termos médicos, busca apoiar o persoal na oferta dunha atención de calidade en éuscaro e na superación de barreiras como a falta de coñecemento ou inseguridade.
Fonte: Gobierno de Navarra
O Goberno de Navarra renova o seu convenio con Euskal Wikilarien Elkartea para impulsar o éuscaro no ámbito dixital

O Departamento de Memoria e Convivencia, Acción Exterior e Éuscaro renovou o convenio co Euskal Wikilarien Kultur Elkartea para promover o uso da lingua vasca nas novas tecnoloxías. O convenio busca aumentar a súa presenza en internet e inclúe proxectos como Gaitu para a intelixencia artificial e Sarean Euskaraz, que fomenta o uso do éuscaro entre a mocidade. Ademais, o departamento apoia iniciativas infantís como "Mattin eta kattalin" e podcasts educativos, e ofrece axudas para a dixitalización de medios e empresas.
Fonte: Gobierno de Navarra
O Concello de Burlada lanza unha convocatoria de bolsas para a aprendizaxe do éuscaro
O 26 de novembro de 2023 aprobouse a convocatoria de bolsas para o curso 2023-2024 destinadas á aprendizaxe do éuscaro que introducía novos requisitos. A partir de agora, será obrigatorio solicitar a axuda do Goberno de Navarra para optar á axuda do Concello de Burlada, agás no caso de persoas que estuden en centros de titularidade pública.
Fonte: Burlatako Udala
A escola de fútbol organizada pola Fundación Osasuna impartirase en éuscaro
A Escola de Fútbol da Fundación Osasuna impartirase en éuscaro no colexio de Huarte, cun monitor local encargado das sesións. A actividade, dirixida a nenos e nenas de 6 a 8 anos, busca promover a integración desta lingua no ámbito deportivo.
Fonte: Pamplona Actual
Boletín
Subscríbase ao boletín