País Vasco

Os colexios impulsan o éuscaro en Bacharelato coa introdución do modelo A reforzado

Aínda que oficialmente só hai tres liñas, Euskadi camiña xa cara a un sistema con tantos programas lingüísticos diferentes como centros.

Fonte: El Correo

País Vasco

Un decreto priorizará o éuscaro na xestión lingüística da Deputación de Guipúscoa

A Deputación Foral de Guipúscoa aprobará as próximas semanas o decreto que priorizará o éuscaro na xestión lingüística na entidade. A voceira foral Larraitz Ugarte explicou que aínda que na práctica xa se lle dá prioridade ao éuscaro, a deputación “quere que esta prioridade estea recollida formalmente”.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

A Universidade do País Vasco imparte 250 materias integramente en lingua inglesa

Este curso a Universidade do País Vasco impartirá un total de 274 materias en lingua estranxeira (246 en inglés, 25 en francés e tres en alemán). O salto é maiúsculo, tendo en conta que en 2006 a oferta apenas chegaba ás 16 materias. Nunha década o ensino en lingua estranxeira multiplicouse por dezasete.

Fonte: Noticias de Gipúzkoa

País Vasco

Presentan no Festival de Cine de San Sebastián ‘Loreak’, o primeiro filme en éuscaro que opta á Concha de Ouro

Un toque feminino de tres enormes mulleres vascas que, “aínda que elas non o crean, se parecen”, explica tras a presentación da película no festival un dos codirectores do filme, Jon Garaño, que xunto a Jose Mari Goneaga conseguiron que este certame seleccione por primeira vez unha película rodada en éuscaro na competición pola Concha de Ouro.

Fonte: 20 Minutos

País Vasco

O Goberno vasco impulsa un plan para paliar o “baixo nivel” de éuscaro na Ertzaintza

O 62 % dos axentes non domina o idioma e o Executivo pretende que sexa “requisito” no futuro para acceder á Policía autonómica.

Fonte: El Correo

País Vasco

O Servizo Vasco de Saúde quere reforzar o nivel de éuscaro das bolsas de substitutos

O director de Dereitos Humanos de Osakidetza, José María Armentia, explicou que traballa nun proxecto para ofrecerlles aos profesionais que conforman as bolsas de traballo a posibilidade de mellorar o seu nivel de éuscaro co fin de cubrir as substitucións co persoal bilingüe.

Fonte: ABC

País Vasco

O Goberno vasco implantará o modelo B e impulsará o D na Formación Profesional

O viceconselleiro vasco de Política Lingüística, Patxi Baztarrika, anunciou que o Goberno vasco vai implantar o modelo B e impulsar o modelo D, a oferta educativa en éuscaro, na Formación Profesional (FP).

Fonte: Europa Press

País Vasco

Inician unha nova edición do programa Mintzalaguna en Tolosa para pór en práctica o éuscaro aprendido

Cando se trata de aprender un idioma a práctica é fundamental e por iso nace o novo Mintzalaguna: unha iniciativa co valor engadido de pór en práctica o aprendido de forma natural e gratuíta unha vez por semana durante unha hora, cun grupo de interlocutores e a axuda dun falante euscaldún zaharra.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Presentan a Axenda estratéxica do éuscaro no Parlamento vasco

A comezos do seu mandato, o Goberno vasco anunciou que elaboraría un total de 14 plans estratéxicos para a presente lexislatura. A Axenda estratéxica do éuscaro é un deles, e recolle as principais accións e actuacións que leva e levará a cabo o Goberno vasco en materia de revitalización do éuscaro. Levar esta Axenda á práctica é responsabilidade de todos os departamentos do Goberno vasco.

Fonte: Euskadi.net

País Vasco

Euskadi incorpora máis de 10 000 novos falantes de éuscaro cada ano

Nos últimos 30 anos o éuscaro gañou 318 000 falantes, máis de 10 000 ao ano, fronte ao descenso de 400 000 falantes monolingües de castelán. Estas cifras evidencian un avance notable do bilingüismo e do coñecemento do éuscaro, pero o Goberno vasco quere máis.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder