País Vasco

O Goberno vasco duplicará o orzamento para éuscaro na Ertzaintza

O Goberno vasco duplicará o orzamento destinado á promoción do éuscaro na Ertzaintza, que o próximo ano ascenderá a un millón de euros, co obxectivo de incrementar o número de axentes que coñecen a lingua vasca, que na actualidade apenas supoñen o 37,6 por cento do persoal, fixado en 8000 membros.

Fonte: Deia

País Vasco

Nace Hobelex, o primeiro corrector para éuscaro con recomendacións léxicas

As persoas que teñen dúbidas ao escribir en éuscaro contan xa cun novo corrector, Hobelex, que se pode descargar gratuitamente en internet e que ademais de evitar as faltas de ortografía garante unha escritura co léxico correcto segundo os criterios de Euskaltzaindia.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O municipio de Oion demostra que quere vivir en éuscaro

Máis de trescentos participantes e moitos máis curiosos e espectadores uníronse na praza Maior de Oion para participar na xornada reivindicativa a favor do éuscaro Euskaraz bizi nahi dut, que contou cunha carreira popular como acto máis destacado.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

O próximo Plan xeral do éuscaro de Donostia farase mediante un proceso participativo

O goberno municipal elaborará o próximo Plan xeral do éuscaro 2015-2019 mediante un proceso participativo no que «todos os donostiarras terán a oportunidade de facer as súas achegas», segundo informou a responsable do departamento, Nerea Txapartegi. Os retos que se marca o plan serán «avanzar na normalización» do éuscaro na cidade e conseguir a «recuperación total» da lingua vasca.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Un total de 254 colexios solicita axudas para implantar o inglés como lingua vehicular no País Vasco

Un total de 254 centros escolares das redes pública e privada de Euskadi presentaron a súa solicitude de recursos económicos e humanos para implantar un modelo trilingüe onde o inglés sexa a lingua vehicular xunto ao éuscaro e o castelán. Estes centros optan a 1,7 millóns de euros en axudas para o presente curso académico.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Unha asociación de San Sebastián organiza xogos en familia para fomentar o éuscaro

A asociación de veciños de Riberas de Loiola organizou unha xornada de xogos en familia, promovida con Ekin Kirola. O obxectivo é fomentar o éuscaro con actividades para unha vida activa.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Promoven o uso do éuscaro nos bares en Vitoria a través dos sobres de azucre

Tras a acción dos manteis, o Servizo de Éuscaro do Concello de Gasteiz volve á carga esta vez da man da Deputación, Cafés La Brasileña e Artez, coa repartición de máis dun millón de sobres de azucre que levan impreso o lema Giro Onean (En bo ambiente).

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

Preto de 2000 persoas conversarán en éuscaro no terceiro encontro Berbagunea

A terceira edición de Berbagunea reunirá en AlhóndigaBilbao a preto de 2000 euscaldúns e estudantes de éuscaro que conversarán nesta lingua sobre diversos temas como libros, deporte ou ocio.

Fonte: Deia

País Vasco

O Concello de Galdames esgota as prazas do seu programa lúdico en favor do éuscaro

Ano tras ano nenos e mozos de Galdames e municipios limítrofes divírtense mentres falan en éuscaro fóra de clase, e este outono non é unha excepción. As preto de trinta prazas do programa Udazkena Euskaraz que oferta a Área de Cultura do Concello para participantes empadroados e outros aspirantes que residen fóra aos que se lles ofrecen os sitios vacantes esgotáronse con vistas ao comezo das actividades.

Fonte: Deia

País Vasco

A matriculación en euskaltegis crece un 1,2 % tras varios anos de baixadas

Un total de 25 351 persoas matriculouse este curso nos diferentes euskaltegis vascos para aprender éuscaro ou melloralo, o que supón un 1,20 % máis que o curso anterior, incremento que, tras o estancamento do curso pasado, inverte o descenso continuado dos tres anos anteriores.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder