País Vasco

O Concello vasco de Santurtzi organiza novas actividades de promoción do éuscaro

O Concello de Santurtzi anunciou as actividades do Plan de acción para a promoción do uso do éuscaro correspondentes ao ano 2015, entre as que haberá campañas en centros educativos, comercios e internet.

Fonte: El Correo

País Vasco

O Goberno vasco defende que o éuscaro sexa oficial na Unión Europea

O Departamento de Política Lingüística do Goberno Vasco reclamoulle á Unión Europea que o éuscaro e outras linguas minoritarias sexan consideradas oficiais nesta institución.

Fonte: El País

País Vasco

O Concello de Hondarribia aumenta o seu orzamento para o éuscaro nun 4,5 %

O Concello de Hondarribia anunciou un incremento do 4,5 % no orzamento destinado á área de éuscaro, que contará este ano con 650 031 euros.

Fonte: Noticias de Empresas

País Vasco

O concello vasco de Leioa celebra unha nova edición do seu festival de teatro en éuscaro

O festival Kultur Maratila, de teatro en éuscaro, celébrase na localidade biscaíña de Leioa desde 2012 co obxectivo de promocionar as artes escénicas en éuscaro.

Fonte: Deia

País Vasco

Denuncian o incumprimento da normativa do éuscaro na atención ao cliente das empresas privadas

Só o 22 % das empresas privadas en Euskadi cumpre a normativa que regula o réxime lingüístico de atención ao cliente.

Fonte: Europa Press

País Vasco

Unha adega arabesa etiqueta as súas botellas en éuscaro para dar máis presenza a esta lingua no sector da viticultura

A adega arabesa Cándido Besa quere normalizar o uso do éuscaro no sector da viticultura e para iso utiliza esta lingua no etiquetado das súas botellas, así como en todo tipo de documentos e actividades.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

O Concello de Zaratamo xa ten o seu primeiro plan de éuscaro

O Concello de Zaratamo, unha das poucas localidades do País Vasco que non contaba con un, aprobou o seu primeiro Plan de normalización de uso do éuscaro.

Fonte: Deia

País Vasco

Case o 30 % dos videoxogos desenvolvidos no País Vasco está en éuscaro

Segundo a base de datos de videoxogos vascos Minimap, o 28,3 % dos xogos desenvolvidos no País vasco son en éuscaro.

Fonte: Vascopress

País Vasco

Apostan polo éuscaro como elemento integrador no contexto de pluralidade cultural de Euskadi

Nun contexto multicultural como é na actualidade o País Vasco, onde se falan ata un centenar de linguas diferentes, o Goberno vasco e o club de escritores Euskal PEN publicaron un manifesto no que apostan polo éuscaro como elemento integrador.

Fonte: El País

País Vasco

Unha asociación de Ortuella vai organizar cursos de éuscaro para pais castelanfalantes

A asociación Pozik Hazi Elkartea, do municipio vasco de Ortuella vai organizar un curso de éuscaro destinado a pais castelanfalantes para que estes poidan axudar os seus fillos cos deberes en éuscaro e comunicarse con eles nesta lingua.

Fonte: Deia

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder