País Vasco

O Goberno vasco aumentará un 2,3 % máis o orzamento para apoiar o éuscaro

O Goberno vasco aumentará o próximo ano 2015 un 2,3 % os recursos destinados a financiar distintos plans e iniciativas de promoción do éuscaro ata acadar un total de 48,2 millóns de euros fronte aos 47,2 millóns de euros das contas do presente exercicio. Destaca o aumento do 25 % das axudas aos alumnos dos euskaltegis.

Fonte: El País

País Vasco

O Parlamento vasco pide analizar as axudas aos medios en éuscaro

O Parlamento vasco pediulle ao Goberno de Iñigo Urkullu que analice as “medidas necesarias” para que os medios de comunicación en éuscaro dispoñan das condicións necesarias para a súa continuidade polo seu “carácter fundamental” para a normalización lingüística.

Fonte: EITB

País Vasco

Canal + emitirá filmes e series estranxeiras con subtítulos en éuscaro

Canal + e o Goberno vasco subscribiron un convenio polo que a televisión lles ofrecerá aos seus abonados un mínimo de 100 filmes estranxeiros e 11 series en versión orixinal subtitulados en éuscaro ao ano ata 2016.

Fonte: El País

País Vasco

Bilbao acolle o festival sobre o cómic en éuscaro 'Parrapean-Días de Cómics'

Na súa primeira edición, o certame organizado pola Área de Cultura e Educación centrou o seu cartel anunciador nos cómics editados en linguas minoritarias.

Fonte: El Diario

País Vasco

Aproban o novo Plan de acción para a promoción do éuscaro entre 2014 e 2017 en Legazpi

«Con este plan impulsaremos o éuscaro en distintos ámbitos de traballo: a transmisión na familia, o ensino, a euscaldunización e alfabetización, administración, aspecto socioeconómico, deporte e tempo libre, cultura, publicidade, comunicación, sensibilización e motivación, proxección interna. En cada ámbito márcanse un obxectivos e cada ano elabórase un plan de traballo que vai xunto aos orzamentos. Levando a cabo distintas actividades, vanse conseguindo os obxectivos», explicou a concelleira Sagrario Etxabe.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Recorren a sinalización de Guipúscoa por incumprir a lei do éuscaro

O delegado do Goberno no País Vasco, Carlos Urquijo, anunciou a interposición dun recurso contra a decisión da Deputación de Guipúscoa de colocar sinais na rede viaria co rótulo “Euskal Herria. Basque Country” porque “incumpre” a Lei de normalización do éuscaro.

Fonte: ABC

País Vasco

As institucións chaman a usar o éuscaro a diario e tamén en internet na celebración do Día do Éuscaro

As institucións vascas volcáronse na celebración do Día Internacional do Éuscaro e pedírolle á cidadanía que fale esta lingua “os 365 días ao ano” e que impulse a súa presenza en internet a través do dominio “.eus”.

Fonte: ABC

País Vasco

O Concello de Barakaldo repartirá 93 axudas para o estudo do éuscaro que suman máis de 25 000 euros

O Concello de Barakaldo (Biscaia) repartirá 93 axudas para o estudo do éuscaro, que suman mais de 25 000 euros e non poderán superar o máximo estipulado na normativa de axudas, que é de 545 euros por persoa empadroada no municipio.

Fonte: 20 minutos

País Vasco

O Goberno vasco destinará 774 000 euros para garantir a xustiza en éuscaro

O Goberno vasco destinará 774 000 euros para poñer a disposición de todos os profesionais xurídicos que traballan en Euskadi as ferramentas necesarias para que poidan exercer o seu traballo integramente en éuscaro.

Fonte: El País

País Vasco

Bilbao deseña unha aplicación móbil para fomentar o éuscaro entre os adolescentes

A Área de Éuscaro e Xuventude do Consistorio de Bilbao presentou a aplicación móbil Galdeketaun, deseñada pola web cultural www.nontzeberri.com e orientada a promover o uso da lingua vasca entre os adolescentes bilbaínos de 12 a 17 anos.

Fonte: El Correo

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder