País Vasco
‘Loreak’ convértese na primeira cinta en éuscaro candidata ao Goya ao mellor filme
Loreak (Flores), ademais de ser a primeira longametraxe en éuscaro en aspirar ao Goya ao mellor filme, foi tamén a primeira cinta integramente en éuscaro que competiu na sección oficial do Festival de San Sebastián.
Fonte: El País
Organizan clases de éuscaro para hostaleiros e comerciantes de Oiartzun
Ttur-ttur Euskaltzaleon Bilgunea organizou un curso de éuscaro para comerciantes e hostaleiros de Oiartzun, co fin de que poidan aprender a levar conversas correntes coa clientela. O curso será de 60 horas e englóbase dentro do proxecto que teñen Ttur-ttur Euskaltzaleon Bilgunea e o Concello de Oiartzun para impulsar o uso do éuscaro nos comercios e a hostalaría de Oiartzun.
Fonte: Diario Vasco
O éuscaro foi utilizado na II Guerra Mundial para encriptar mensaxes
Durante a Segunda Guerra Mundial, o éuscaro foi un dos idiomas escollidos como código de comunicación de guerra por parte do Exército americano para enganar o seu inimigo xaponés.
Fonte: EiTB
O III Congreso das Linguas Indíxenas de Chile terá o éuscaro como idioma invitado
O III Congreso das Linguas Indíxenas de Chile terá a Euskadi e o éuscaro como país e lingua convidados.
Fonte: 20 minutos
Os convenios de HABE permiten que en todo o mundo arredor de 2200 persoas aprendan éuscaro
HABE, organismo de alfabetización e euscaldunización de adultos, ten acordos con 80 colectivos vascos de todo o mundo que permiten que arredor de 2200 persoas aprendan éuscaro.
Fonte: ABC
O PNV de Éibar alega contra a ordenanza do éuscaro para acadar un maior fomento do uso da lingua
O PNV de Éibar presentou alegacións contra a ordenanza do éuscaro co obxectivo de lograr unha maior promoción da lingua.
Fonte: Diario Vasco
Un informe en Euskadi descobre que os alumnos obteñen mellores resultados se estudan na súa lingua materna
Un informe do Consello Escolar de Euskadi constatou que os escolares obteñen mellores resultados cando estudan na súa lingua materna.
Fonte: Diario Vasco
A campaña Nahi dudalako promove o éuscaro entre a mocidade de Ortuella
O Concello de Ortuella participará na campaña Nahi dudalako para promover o éuscaro entre a mocidade e intentar que continúen estudando nesta lingua ao rematar a ESO.
Fonte: Deia
A Deputación de Guipúscoa pide que o dominio do éuscaro sexa un requisito para presentarse ás eleccións municipais
Desde a área de Éuscaro da Deputación de Guipúscoa suxeriron que o coñecemento do éuscaro e do español sexa necesario para presentarse nas listas electorais ás eleccións municipais.
Fonte: Diario Vasco
Unha nova web protexerá o patrimonio do éuscaro
O Concello de Elgoibar concedeu unha bolsa a un proxecto que busca protexer o patrimonio do éuscaro a través dunha páxina web.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín