País Vasco
O novo decreto de normalización do uso do éuscaro no sector público vasco afectará a 146 300 traballadores

O lehendakari informou no pleno de control do Parlamento vasco de que o novo decreto de normalización do uso do éuscaro na Administración afectará a 146 300 traballadores, o que supón case cinco veces máis que o actual.
Fonte: Deia
O centro especial de emprego Indesa 2010 de Áraba mostra o seu compromiso co éuscaro
O centro especial de emprego Indesa 2010, que forma parte da rede Xedera, aposta polo impulso e a utilización do éuscaro e o dereito á aprendizaxe desta lingua como elemento de inserción laboral, que se plasma na chamada 'Declaración de Arbulo'.
Fonte: La Vanguardia
Un novo decreto regulará o sistema de avaliación, acreditación e recoñecemento do nivel de éuscaro nas entidades públicas e privadas
O Goberno vasco aprobou un novo decreto que regula o sistema de avaliación, acreditación e recoñecemento do nivel de desenvolvemento do éuscaro na actividade e xestión de entidades públicas e privadas, co que se pretende avanzar cara á normalización desta lingua nas institucións.
Fonte: Gobierno Vasco
Basauri acolle un campionato que recoñece os clubs que traballan na promoción do éuscaro no deporte

O campionato deportivo “EUTSI kirolari, GOGOR euskarari!” recoñece o labor dos clubs de Basauri e outros once municipios a prol do fomento do uso do éuscaro no deporte.
Fonte: Bidebieta
O Goberno vasco convoca subvencións para os centros concertados que participen no programa Ullibarri de normalización lingüística
Aprobouse a orde que establece as axudas máximas para o curso 2023-2024, destinadas aos centros concertados que formen parte do Programa Ulibarri de normalización lingüística, ao que se destinarán 1,2 millóns de euros.
Fonte: Gobierno Vasco
O Concello de Éibar abre o prazo de solicitude de subvencións para poñer rótulos en éuscaro

Mediante a concesión destas axudas o Concello de Éibar pretende incrementar a presenza do éuscaro na paisaxe lingüística do municipio, coa incorporación desta lingua a rótulos, inscricións ou outros elementos da imaxe corporativa de establecementos comerciais e industriais ou sedes de entidades asociativas.
Fonte: Eibarko Udala
O concurso Euspot premia na edición deste ano os mellores anuncios en éuscaro sobre ciencia e tecnoloxía

O concurso Euspot, que naceu en 2001 para impulsar a creación de anuncios en éuscaro, chegou á súa edición número 12 na que se alcanzou unha participación histórica con 149 candidaturas, 54 máis que o ano anterior.
Fonte: Irekia
O Goberno vasco calcula un prazo de dez anos para garantir a atención en éuscaro á cidadanía
O Goberno vasco prevé un horizonte temporal de dez anos para garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía na súa relación coa Administración no marco do proxecto para a renovación do decreto que regula a normalización do uso do éuscaro no sector público.
Fonte: EITB
O Goberno vasco crea unha app para medir o nivel de lectura en éuscaro e castelán
Tras detectar que a competencia lectora segue a ser unha materia pendente en Euskadi, o Departamento de Educación desenvolveu a aplicación ITT para medir o rendemento en lectura do alumnado de Primaria tanto en éuscaro como en castelán.
Fonte: Deia
O Goberno vasco aproba as subvencións para proxectos da convocatoria Euskalgintza, de promoción e difusión do éuscaro
O Consello de Goberno destina 1,7 millóns de euros aos proxectos de Euskalgintza, que buscan o fomento e a normalización do éuscaro. Ademais, este ano a convocatoria conta cunha nova modalidade de proxectos, que teñen como obxectivo a creación e difusión audiovisual.
Fonte: Gobierno Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín