País Vasco
O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco rexeita que a Administración lle esixa a unha subcontrata saber éuscaro
Segundo o TSXPV, a Administración local non pode impoñer as esixencias de éuscaro do funcionariado ao persoal das subcontratas que lles presten servizos. Dálle así a razón a CC. OO. e anula o punto do perfil lingüístico dun prego de condicións técnicas dun contrato a unha empresa privada do Concello de Barakaldo.
Fonte: NIUS
Preséntase o sitio web Neoloteka, un arquivo de neoloxismos en éuscaro

O centro de terminoloxía e lexicografía Uzei presentou Neoloteka, un sitio web de neoloxismos en éuscaro no que se recollerán novas palabras e locucións nesta lingua que se irá actualizando continuamente con novas entradas.
Fonte: EITB
O Concello de Elgoibar presenta o mapa da pluralidade lingüística do municipio
O Concello de Elgoibar, coa colaboración do Clúster de Sociolingüística, realizou un estudo co que se recoñecen todas as linguas que se falan no municipio e se afonda na convivencia lingüística, poñendo o éuscaro no centro.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
As academias de éuscaro de Vitoria-Gasteiz reciben axudas para apoiar o seu labor educacional
O Concello de Vitoria-Gasteiz apoia os euskaltegis homologados por HABE cunha convocatoria de axudas de 75 000 euros, distribuída en proporción ao número de horas impartidas durante o curso 2021/2022.
Fonte: Noticias de Álava
Unha sondaxe revela que a maioría da poboación vasca quere escoller o idioma no que se dirixe á Administración

O Goberno vasco leva a cabo unha sondaxe sobre o éuscaro, a través de 1200 entrevistas telefónicas, e determina que o 95 % da poboación vasca considera que a Administración debería atender sempre no idioma que elixa a cidadanía e que o 90 % pensa que as empresas e entidades privadas tamén deberían atender a súa clientela do mesmo modo.
Fonte: Deia
O Goberno vasco incrementa a partida destinada á produción audiovisual en éuscaro
A través dun acordo subscrito co Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais, o Goberno vasco destinará 760 000 euros máis á produción audiovisual en éuscaro, co que o montante total da convocatoria ascende a 3 190 000 euros.
Fonte: Gobierno Vasco
O Concello de Bilbao impulsará en 2023 medidas para impulsar o uso do éuscaro nas rúas da cidade
Durante o ano 2023 poranse en marcha medidas concretas para impulsar o uso do éuscaro nas rúas tendo en conta a realidade de cada distrito e de cada barrio, onde inflúen factores como a disposición, o pasado, a estrutura demográfica...
Fonte: Deia
O Servizo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos do País Vasco recibiu 277 incidencias no ano 2021
O informe de Elebide, o Servizo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos, sinala que a maior parte das incidencias foron queixas, a maioría relativas a vulneracións do dereito a usar o éuscaro.
Fonte: Gobierno Vasco
O Goberno vasco entrega os certificados Bikain a 28 entidades polo seu esforzo por incrementar o emprego do éuscaro

Donostia acolleu o acto de entrega de Certificados Bikain de Calidade na Xestión Lingüística que recoñecen e poñen en valor o esforzo das entidades receptoras para aumentar o uso do éuscaro no ámbito socioeconómico. Das 28 entidades, once acreditaron o nivel superior; catorce, o medio; e tres, o básico.
Fonte: Gobierno Vasco
Un total de 330 000 persoas mostra a súa preferencia por recibir atención en éuscaro no Servizo Vasco de Saúde

A conselleira de Saúde detallou os obxectivos do III Plan de normalización do éuscaro en Osakidetza para o período 2022-2028 cuxo principal reto é avanzar no respecto aos dereitos lingüísticos da cidadanía e garantir o uso desta lingua na comunicación corporativa e na atención aos usuarios.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Boletín
Subscríbase ao boletín