País Vasco

O Goberno vasco premia as asociacións deportivas e as persoas que promoven a normalización do éuscaro no día a día

O Consello de Goberno crea o premio Kiroletik Bagoaz Euskaraz, que ten a súa orixe no Plan de Promoción do Éuscaro no Deporte 2021-2024, para recoñecer as asociacións e os particulares que traballan de forma sistemática para fomentar o uso do éuscaro no ámbito deportivo.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

A Xunta de Goberno Local de Vitoria-Gasteiz aproba un novo programa para promover o éuscaro no comercio, na hostalaría e no sector de servizos

Co fin de seguir avanzando nos obxectivos marcados no Plan de Acción para a Promoción do Éuscaro, Vitoria-Gasteiz aposta por priorizar o fomento do éuscaro nos sectores máis próximos á cidadanía e que teñen un grande impacto na vida social da cidade. Para conseguilo, conta cun orzamento de 50 000 euros e levará a cabo unha campaña de sensibilización que pretende responder ás necesidades e dificultades da promoción desta lingua.

Fonte: Ayuntamiento de Vitoria-Gasteiz

País Vasco

Eroski impulsará o uso do éuscaro como estratexia para diferenciarse doutras grandes marcas

Unha das cadeas de supermercados máis emblemática do País Vasco, Eroski, vai fomentar o éuscaro como parte da súa estratexia de diferenciación respecto a outras grandes marcas. Este apoio plasmarase en accións concretas, como a alianza coa Escola Pública Vasca para impulsar o ensino desta lingua.  

Fonte: Bilbaohiria

País Vasco

O 20 % das federacións deportivas vascas participa na iniciativa para impulsar o uso do éuscaro no ámbito deportivo

O 20 % das federacións deportivas do País Vasco sumouse ao acordo de colaboración entre o Goberno vasco e a Unión de Federacións Deportivas para promover o uso do éuscaro no deporte.

Fonte: Irekia

País Vasco

A plataforma Irekia de comunicación entre a cidadanía e a Administración incorpora subtítulos en éuscaro e castelán

Irekia, a canle de comunicación en liña entre a cidadanía e a Administración, estreou os subtítulos en éuscaro e castelán en tempo real nas roldas de prensa posteriores ao Consello de Goberno.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

O Concello de Elgoibar convoca axudas para a aprendizaxe do éuscaro

Estas axudas municipais para 2023 están destinadas á cidadanía que queira aprender éuscaro, así como a incrementar o uso desta lingua en establecementos comerciais e empresas locais e a premiar a aprobación do exame teórico do permiso de conducir en éuscaro.  

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

O Goberno vasco destinará un millón de euros ao impulso do éuscaro en medios que usan principalmente o castelán

Estas axudas, que se distribuirán por grupos, están destinadas á prensa diaria, edicións dixitais, radios e axencias de noticias que emiten noticias en internet.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

Portugalete acollerá este verán o primeiro circo en éuscaro

Ao longo dos meses de xuño e xullo, Gure Zirkua, o primeiro circo integramente en éuscaro, chega a Portugalete co obxectivo de reivindicar a cultura vasca.

Fonte: El Correo

País Vasco

O Concello de Errenteria destina axudas para poñer en éuscaro os rótulos interiores e exteriores dos establecementos

O Concello de Errenteria subvencionará os rótulos interiores e exteriores en éuscaro dos establecementos do municipio, así como os soportes escritos, web e actividades relacionadas coas novas tecnoloxías.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

Finaliza en Bilbao a iniciativa ‘Euskaragaz egizu match’ contra os estereotipos e os prexuízos sobre o éuscaro

Mozas e mozos de entre 16 e 25 anos participaron en Bilbao nesta experiencia piloto cuxo obxectivo era acabar cos estereotipos e os prexuízos e fomentar o uso do éuscaro en todos os ámbitos.  

Fonte: News ES Euro

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder