País Vasco
Amurrio actualiza o seu mapa do éuscaro, unha ferramenta que identifica os establecementos euscaldúns
Cada seis meses, o Concello de Amurrio actualiza o denominado Mapa do Ésucaro, unha ferramenta creada en 2019 que permite identificar establecementos e persoas do municipio que utilizan o éuscaro.
Fonte: Noticias de Álava
O comercio de Guipúscoa é o que máis usa o éuscaro no País Vasco

O Barómetro do Comercio 2022 revelou que o comercio da provincia de Guipúscoa é o máis experimentado e o que máis emprega a lingua vernácula en todo o País Vasco.
Fonte: El Diario Vasco
O escritor Kimen Uribe recibe un premio por ser embaixador do éuscaro no mundo
O escritor euskaldún, Kirmen Uribe, recibiu o premio Eusko Ikaskuntza-Laboral Kutxa de Humanidades, Cultura, Artes e Ciencias Sociais 2023 polo seu labor como embaixador do éuscaro no mundo.
Fonte: Deia
Convocan axudas para a aprendizaxe da lingua estranxeira en centros de formación profesional de Euskadi
O Goberno do País Vasco convocou subvencións para realizar cursos de reforzo de lingua estranxeira en centros privados concertados que imparten cursos de formación profesional.
Fonte: Euskadi
Un sorteo premia as persoas que realizan a declaración da renda en éuscaro
Os diferentes concellos que integran a comarca de Oarsoaldea, na provincia de Guipúscoa, organizaron un sorteo para premiar as persoas que realizaron a declaración da renda en éuscaro.
Fonte: El Diario Vasco
A revista científica da Academia da Lingua Vasca terá o seu propio sitio web

A revista científica da Euskaltzaindia ou Real Academia da Lingua Vasca terá o seu propio sitio web onde os lectores poderán ter acceso á información dun xeito máis enriquecedor.
Fonte: Noticias de Guipuzkoa
Alcaldes nacionalistas de Euskadi maniféstanse polo uso do éuscaro nos concellos
Alcaldes nacionalistas do País Vasco maniféstanse contra a sentenza do Tribunal do Constitucional que prohibe o uso prioritario do éuscaro nas corporacións municipais.
Fonte: El País
O Constitucional suprime o uso prioritario do éuscaro nos concellos
O Tribunal Constitucional non admite que os concellos vascos dean maior prioridade ao éuscaro na xestión administrativa.
Fonte: El Diario Vasco
Apróbase o modelo para os novos plans estratéxicos de normalización do uso do éuscaro
O Goberno vasco aprobou o modelo que se debe seguir en todos os departamentos e organismos autónomos para o novo período de planificación para a normalización do uso do éuscaro.
Fonte: Gobierno Vasco
O Concello de Bermeo ofrece axudas aos establecementos comerciais para que coloquen rótulos en éuscaro

Os establecementos comerciais de Bermeo poderán recibir unha axuda de ata 300 euros por colocar os rótulos en éuscaro. Trátase dunha iniciativa do concello que ten como obxectivo fomentar o uso desta lingua no ámbito comercial e empresarial.
Fonte: Radio Popular
Boletín
Subscríbase ao boletín