País Vasco
Nace o proxecto Eskuara para impulsar o éuscaro nas empresas arabesas
O proxecto Eskuara, creado no marco do programa Lanabes, ten como obxectivo incrementar o uso do éuscaro nas empresas arabesas de máis de 50 traballadores/as e favorecer a igualdade lingüística.
Fonte: Gobierno Vasco
Elgoibar ofrece un programa de faladoiros para practicar éuscaro
O Concello de Elgoibar, a asociación Elgoibarko Izarra e os euskaltegis da localidade organizan unha nova edición do programa de faladoiros en éuscaro para mellorar a expresión oral nesta lingua.
Fonte: El Diario Vasco
O Concello de Bilbao organiza unha nova edición de Biribilko, o programa de cursos de éuscaro para comercio e hostalería
No marco do programa Biribilko, o Concello de Bilbao organiza cursos de éuscaro dirixidos a profesionais da hostalería e o comercio co obxectivo de facilitarlles a aprendizaxe desta lingua, así como o seu uso nas relacións profesionais.
Fonte: Ayuntamiento de Bilbao
O Goberno vasco incrementa a dotación das axudas á produción audiovisual en éuscaro
Esta convocatoria de axudas correspondente ao exercicio 2023, inicialmente dotada con 2,43 millóns de euros, incrementarase en 800 000 euros adicionais, que se destinarán a proxectos audiovisuais en éuscaro.
Fonte: Gobierno Vasco
Comeza no País Vasco a campaña de matriculación en euskaltegis para o curso 2023-2024

O obxectivo desta campaña, que ten como lema «Aprender éuscaro, un camiño cada vez máis sinxelo», é animar a cidadanía a inscribirse no euskaltegi.
Fonte: Gobierno Vasco
O Goberno vasco financiará a aprendizaxe do éuscaro para que esta sexa gratuíta
O Goberno vasco financiará con 4,5 millóns de euros a gratuidade para que a cidadanía poida aprender éuscaro de balde no curso 2023-2024. Ata o momento máis de 5300 persoas xa solicitaron a axuda.
Fonte: La Vanguardia
Cinco axencias de desenvolvemento do País Vasco poñen en marcha proxectos piloto para implementar o éuscaro como variable competitiva

Barakaldo acolleu a presentación da iniciativa ‘Hizkuntzak kudeatzen’, no marco da que se levarán a cabos proxectos piloto para implementar o éuscaro como unha variable competitiva nas empresas.
Fonte: Gobierno Vasco
Un proxecto potenciará o éuscaro nas empresas de Barakaldo
A axencia de desenvolvemento de Barakaldo quere sumarse ao proxecto do Goberno vasco Hizkuntzak kudeatzen que pretende potenciar o uso do éuscaro polas empresas para aumentar a súa competitividade.
Fonte: El Correo
Movistar Plus+ incrementa os seus contidos en éuscaro

Grazas á colaboración de EITB con Movistar Plus+, esta plataforma reforzou a súa oferta de contidos en éuscaro, que xa alcanza as 275 horas.
Fonte: Noticias de Navarra
Todas as películas da sección oficial do Festival de Cine de San Sebastián contarán por primeira vez con subtítulos en éuscaro
Todas as películas da Sección Oficial do Zinemaldia contarán, a partir da edición deste ano, con subtítulos en éuscaro, ademais de en castelán e inglés. Deste xeito, desde o festival queren contribuír ao uso e fomento da lingua vasca, así como á súa visualización internacional.
Fonte: El Diario
Boletín
Subscríbase ao boletín