País Vasco
Comeza no País Vasco a campaña de matriculación en euskaltegis para o curso 2023-2024

O obxectivo desta campaña, que ten como lema «Aprender éuscaro, un camiño cada vez máis sinxelo», é animar a cidadanía a inscribirse no euskaltegi.
Fonte: Gobierno Vasco
O Goberno vasco financiará a aprendizaxe do éuscaro para que esta sexa gratuíta
O Goberno vasco financiará con 4,5 millóns de euros a gratuidade para que a cidadanía poida aprender éuscaro de balde no curso 2023-2024. Ata o momento máis de 5300 persoas xa solicitaron a axuda.
Fonte: La Vanguardia
Cinco axencias de desenvolvemento do País Vasco poñen en marcha proxectos piloto para implementar o éuscaro como variable competitiva

Barakaldo acolleu a presentación da iniciativa ‘Hizkuntzak kudeatzen’, no marco da que se levarán a cabos proxectos piloto para implementar o éuscaro como unha variable competitiva nas empresas.
Fonte: Gobierno Vasco
Un proxecto potenciará o éuscaro nas empresas de Barakaldo
A axencia de desenvolvemento de Barakaldo quere sumarse ao proxecto do Goberno vasco Hizkuntzak kudeatzen que pretende potenciar o uso do éuscaro polas empresas para aumentar a súa competitividade.
Fonte: El Correo
Movistar Plus+ incrementa os seus contidos en éuscaro

Grazas á colaboración de EITB con Movistar Plus+, esta plataforma reforzou a súa oferta de contidos en éuscaro, que xa alcanza as 275 horas.
Fonte: Noticias de Navarra
Todas as películas da sección oficial do Festival de Cine de San Sebastián contarán por primeira vez con subtítulos en éuscaro
Todas as películas da Sección Oficial do Zinemaldia contarán, a partir da edición deste ano, con subtítulos en éuscaro, ademais de en castelán e inglés. Deste xeito, desde o festival queren contribuír ao uso e fomento da lingua vasca, así como á súa visualización internacional.
Fonte: El Diario
Dez clubs eibarreses elaboran un plan de éuscaro para a tempada 2023-2023

O Concello de Éibar solicitoulles aos clubs deportivos aos que lles asigna subvencións a elaboración dun plan de éuscaro, cuxo obxectivo é que esta lingua forme parte da actividade diaria destas entidades e do seu persoal.
Fonte: Eibarko Udala
O Concello de San Sebastián organiza cursos para atender a clientela en éuscaro
Estes cursos de éuscaro están dirixidos a profesionais do sector do comercio e desenvolveranse entre os meses de outubro e febreiro co obxectivo de axudar a mellorar a atención á clientela euscalduna.
Fonte: San Sebastián Shops
Increméntase o coñecemento do éuscaro en Vitoria

Nos últimos anos incrementouse o coñecemento do éuscaro na capital vasca, segundo mostran os datos facilitados polo Concello de Vitoria relativos ao ano 2021. Así, case o 30 % da súa poboación é euscalduna (7,4 puntos máis que en 2011); o 16,3 % entende esta lingua aínda que non a fala; e o 54,8 % é castelanfalante.
Fonte: Noticias de Álava
As cooperativas de Mondragón impulsan a elaboración de plans de éuscaro
Os membros de Euskaragileak animan a outras empresas a pór en marcha plans de éuscaro adaptados ás súas características e necesidades, para o que elaboraron un documento informativo que divulgarán polas empresas.
Fonte: TU Lankide
Boletín
Subscríbase ao boletín