País Vasco
Organízase un maratón para ensinarlles éuscaro ás novas tecnoloxías
O maratón 100 ahots baietz! celébrase o sábado 2 de decembro para ensinarlles éuscaro ás novas tecnoloxías, e poder empregar esta lingua nos móbiles, ordenadores e outras ferramentas.
Fonte: Tolosako Udala
Preséntase un dicionario trilingüe éuscaro-castelán-inglés con termos da Axenda 2030

Este dicionario, impulsado polo Goberno vasco, Danobatgroup e Elhuyar, componse de 3600 entradas en éuscaro, castelán e inglés relativas a termos e definicións do ámbito dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O Goberno vasco recorrerá ante os tribunais as sentenzas que anularon varios artigos do decreto de normalización do éuscaro
O Executivo vasco presentou xa os escritos de preparación dos recursos de casación contra as sentenzas que anularon varios artigos do decreto sobre normalización do éuscaro nos concellos.
Fonte: EITB
A Deputación de Biscaia apoia un proxecto para fomentar o uso do éuscaro no ámbito deportivo
O proxecto «Federazioetako Euskara-Gaitasuna», impulsado pola Asociación de Federacións Deportivas de Biscaia (ASFEDEBI), recibirá da Deputación unha axuda de 15 000 euros para a súa execución en 2023.
Fonte: Bizkaiko Foru Aldundia
A poboación vasca contará con materiais para obter o permiso de conducir en éuscaro
O Goberno vasco e a Federación de Autoescolas de Euskadi presentaron o material para poder obter os permisos de conducir en éuscaro: A1-A2 de ciclomotor e B de automóbiles.
Fonte: Gobierno Vasco
Máis de cen traballos sobre o éuscaro preséntanse ao concurso de creatividade audiovisual Arnasetik

O concurso de creatividade audiovisual Arnasetik recibiu un total de 112 traballos sobre temas relacionados co éuscaro elaborados por mozas e mozos de entre 10 e 16 anos.
Fonte: Gobierno Vasco
Máis da metade do alumnado da Universidade do País Vasco está matriculado en éuscaro este curso
A Universidade do País Vasco presentou un informe sobre a situación e a evolución do éuscaro na institución. Neste estudo conclúese que o 54 % do alumnado está matriculado en éuscaro e o 66 % do persoal docente e investigador é bilingüe.
Fonte: Onda Vasca
Cinco entidades financeiras presentan as súas iniciativas para promover o uso do éuscaro

Bankoa-Abanca, CaixaBank, Rural Kutxa, Kutxabank e Laboral Kutxa anunciaron as iniciativas postas en marcha para promover o uso do éuscaro nas entidades financeiras e garantir os dereitos lingüísticos da súa clientela.
Fonte: Gobierno Vasco
EITB e Tabakalera organizan unha iniciativa para impulsar a ficción sonora en éuscaro
A iniciativa Audiogile Berriak ten como obxectivo impulsar a ficción sonora en éuscaro mediante unha convocatoria que servirá para escoller tres proxectos que se converterán en guións e que recibirán 2000 euros para o seu desenvolvemento.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Un total de 41 clubs de Getxo asina un convenio para fomentar o éuscaro no deporte
Estes 41 clubs de Getxo asinarán un dos convenios do proxecto Gehitu Kirolak co obxectivo de aumentar o uso do éuscaro nas asociacións e actividades deportivas.
Fonte: El Correo
Boletín
Subscríbase ao boletín