País Vasco
O Goberno vasco convoca subvencións para proxectos audiovisuais en éuscaro
O Goberno vasco destinará 500 000 euros a promover a creación de proxectos xerados en éuscaro, que poderán ser longametraxes, series ou miniseries, durante o exercicio 2024.
Fonte: Gobierno Vasco
O Observatorio Vasco da Cultura presenta un novo informe sobre a edición de libros en éuscaro

O Informe de la edición en euskera, correspondente ao ano 2022, ofrece datos sobre a produción, oferta e facturación de libros en éuscaro tanto en Euskadi, como en Navarra e en Iparralde.
Fonte: Gobierno Vasco
O Goberno vasco modifica o sistema de acreditación de perfís lingüísticos de éuscaro para o sector público
O obxectivo desta modificación é flexibilizar o sistema ao tempo que se garanten os dereitos lingüísticos da cidadanía. Así, o decreto recolle novos mecanismos para acreditar o perfil lingüístico e establece novos perfís que diferencian o nivel de expresión oral e escrita.
Fonte: EITB
Bilbao acollerá un campus sobre cultura dixital en éuscaro

O Concello de Bilbao e a Fundación Azkue organizan «Hala, Birala! Kanpusa», un campus en éuscaro sobre cultura dixital no que se tratarán temas como a técnica de animación stop motion, videoxogos en éuscaro, usos e comportamentos axeitados nas redes sociais e edición de vídeos.
Fonte: Ayuntamiento de Bilbao
As persoas privadas de liberdade nas prisións vascas recibirán clases de éuscaro
O Goberno vasco asina un acordo co Instituto de Alfabetización e Reeuscaldunización de Adultos-HABE para o ensino do éuscaro nos tres cárceres vascos para o que destinará unha partida de 100 000 euros en 2024.
Fonte: Gobierno Vasco
O Goberno vasco crea un premio para recoñecer o labor de persoas que traballan a prol da normalización do éuscaro

O premio Kiroletik Bagoaz Euskaraz ten como obxectivo recoñecer as iniciativas a favor do éuscaro impulsadas no ámbito deportivo por asociacións e particulares. Na súa primeira edición o galardón vai para o psicólogo Aritz Olagoi.
Fonte: Gobierno Vasco
Convócase unha nova bolsa para impulsar a creación literaria en éuscaro

O Goberno vasco e a Fundación BBVA asinaron un convenio de colaboración para crear a Bolsa Xabier Lete cuxo obxectivo é promover a creación literaria en éuscaro. Outorgaranse 70 000 euros para que escritoras e escritores poidan dedicar un ano ao seu proxecto literario.
Fonte: Gobierno Vasco
O Concello de Durango organiza cursos de acollida lingüística para persoas migrantes
Os cursos AISA de acollida lingüística para persoas inmigrantes maiores de 16 anos teñen como obxectivo iniciarse na aprendizaxe do éuscaro. A súa duración é de 60 horas e son de balde.
Fonte: Durangon
O Concello de Sestao organiza actividades de fomento do éuscaro fóra do horario escolar
A iniciativa, que se desenvolve ao abeiro dos programas Berbontzi e MintzaOn, está dirixida a alumnado de primaria. O obxectivo é que nenos/as e adolescentes dispoñan de posibilidades de usar o éuscaro e relacionarse nesta lingua fóra do ámbito escolar.
Fonte: Tele 7
Preséntase en Durango un decálogo para fomentar o éuscaro nas empresas do municipio
O Concello de Durango, Dendak Bai e Landue presentaron un decálogo para incrementar o uso do éuscaro nos establecementos comerciais e hostaleiros, así como nas empresas de servizos.
Fonte: Ayuntamiento de Durango
Boletín
Subscríbase ao boletín